Saltar navegación e ir al contenido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

Estás aquí, dentro de la estructura EROSKI.es

Herramientas de la página



EROSKI

perquè ens importes tu nos importas tu

Productos Eroski

Goza da ampla gama de produtos EROSKI con absoluta confianza e co mellor prezo.

Os produtos EROSKI son elaborados por fabricantes líderes aos que eliximos despois de superar uns estritos controis de calidade das súas instalacións e mais dos seus produtos.

Os produtos EROSKI gozan dunha dobre garantía. Son controlados por laboratorios propios e independentes para ofrecerche a máxima calidade e seguridade.

En xullo de 1977 EROSKI lanzou ao mercado seis Produtos Brancos que constituíron o primeiro paso na carreira das Marcas Propias. O obxectivo principal era ofrecerlles aos consumidores unha colección de artigos básicos coa mellor relación calidade-prezo.

Evolución da marca propia. Principais Fitos

  • 1977. EROSKI lanza os seis Produtos Brancos.
  • De 1981 a 1984. Período de gran despregamento. EROSKI conta con 200 referencias.
  • De 1984 a 1989. Anos de consolidación nos que se aborda o lanzamento dos Produtos Brancos en novas seccións de bazar e téxtil. EROSKI conta nese momento con case 800 referencias.
  • De 1989 a 1994. Os Produtos Brancos transfórmanse en Produtos de Marca EROSKI.

nens

Características dos produtos EROSKI

EROSKI pode ofrecer produtos de calidade comparable ás mellores marcas de fabricante e a prezos máis competitivos grazas a:

  • Os mellores produtores. Os fabricantes dos produtos EROSKI son líderes no seu sector, están homologados polo Grupo Eroski e seleccionados pola súa capacidade de innovación permanente.
  • "Vantaxes plus". Os produtos EROSKI achegan vantaxes extra: denominacións de orixe, melloras ambientais e en seguridade, etc...
  • Dobre control. Todos os nosos produtos superan un dobre control de calidade, o do noso propio laboratorio e o doutro independente.
  • Igual ou mellor calidade á das marcas líderes de cada sector e a uns prezos máis competitivos.
  • Excelentes valoracións en cata adaptada aos gustos do mercado.

As características sinaladas fan que millóns de consumidores obteñan satisfacción en calidade e prezo en máis de 1.600 produtos.


Tambén en EROSKI.es

Memoria EROSKI 2009
Campaña Salut e Benestar

Ayuda en el sitio de EROSKI: