Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Apaga o gasto, acende o aforro

Calculadora de emisións de CO2

Sabes canto CO2 xeras e canto diñeiro podes aforrar?
Deixa que a nosa calculadora de emisións de CO2 cho conte!

Comezar o cálculo

Fai clic en "comezar" para calcular as túas emisións de CO2

Calefacción e A.C.S.

Coñeces o consumo media mensual de calefacción e A.C.S. da túa vivenda?

  • (kWh/mes)
  • (kg/mes)
  • (l/mes)
  • (l/mes)
  • (l/mes)

(m2)

toneladas de CO2 é o resultado total das túas emisións na área de Calefacción e ACS

Os teus datos obteñen unha cualificación de:
excelente | medio | excesivo

Sabías que...

Truco-aforros

  1. Unha billa aberta consome arredor de 6 litros por minuto, e no caso da ducha este consumo increméntase ata os 10 litros por minuto
  2. Un baño equivale en auga e enerxía a 3 ou 4 duchas
  3. Un mantemento axeitado da caldeira individual aforrará ata un 15% de enerxía
  4. Se non dispós dun frigorífico no-frost (que evita a formación e acumulación de xeo) desconxela antes de que a capa de xeo alcance os 3 mm de espesor.
  5. Non manteñas aceso o televisor en modo espera (sen imaxe na pantalla e co piloto aceso), consome ata un 15% do que o fai en condicións normais.
  6. En inverno unha temperatura de 20º C é suficiente para manter o confort nunha vivenda. Nos dormitorios pódese rebaixar entre 3 e 5º C. Por cada grao que diminúas aforrarás preto do 7% na túa factura enerxét
  7. Apaga a calefacción pola noite. Aforrarás ata 160 euros ano. Pola mañá, non a acendas ata ventilar a casa (son suficientes 10 minutos) e pechar as ventás. Unha casa ben illada permite aforros de ata o 30% na túa factura.
  8. Pequenas melloras no illamento poden comportar aforros de ata un 30% en calefacción e en aire acondicionado
  9. Convén purgar os radiadores, polo menos unha vez ao ano, para extraer o aire que dificulte a transmisión de calor.
  10. Fixa a temperatura de refrixeración en 25º C.
  11. Instalar toldos, pechar persianas e corer cortinas son sistemas eficaces para reducir a calor.
  12. As cores claras reflicten a radiación solar e, polo tanto, evitan o quentamento dos espazos interiores.
  13. Non deixes a billa aberta mentres cepillas os dentes, durante o afeitado ou o lavado.
  14. Unha ducha consome 4 veces menos que un baño.
  15. Evita goteos e fugas.
  16. Unha temperatura entre 30 e 35º é suficiente para o aseo persoal.
  17. Manter os depósitos e canalizacións ben illadas é moi importante

Compra-aforros

  1. A través dun cristal simple pérdese por cada m2 de superficie durante o inverno a enerxía contida en 12 kg de gasóleo
  2. Adquire "ladróns" ou bases de conexión multiple con interruptor para conectar varios equipos á vez (televisor, cadea musical, vídeo...). Ao desconectalos, apagaremos todos os aparatos e conseguiremos aforros de ata 40 euros ao ano.
  3. As válvulas termostáticas para regular a temperatura ou apagar os radiadores e os termóstatos para programar o arranque da calefacción, a temperatura, etc., son solucións accesibles, fáciles de colocar e que levan consigo importantes aforros de enerxía.
  4. Los sistemas de acumulación (caldeiras) son máis eficientes que os de produción instantánea e sen acumulación.
  5. Os reguladores de temperatura con termóstato, sobre todo para a ducha, poden aforrar entre un 4 e un 6% de enerxía.
  6. Podes utilizar tamén cabezais de baixo consumo
  7. Nas billas, pódense instalar ademais redutores de caudal

Electricidade

Coñeces o consumo medio mensual de electricidade da túa vivenda?

Consumo medio mensual

(kWh/mes)

Iluminación

Cantas lámpadas hai na súa vivenda?

Electrodomésticos

Cantos refrixeradores hai na túa vivenda?

Cantas veces á semana empregas algún destes aparellos?

Dos seguintes electrodomésticos, cales empregas a miúdo na túa vivenda?

Cantas horas empregas o aire acondicionado acotío durante o verán?

horas semanais

toneladas de CO2 é o resultado total das túas emisións na área de Electricidade

Os teus datos obteñen unha cualificación de:
excelente | medio | excesivo

Sabías que...

Truco-aforros

  1. O 7% das perdas de enerxía dun frigorífico débese a aperturas
  2. A maior parte da enerxía (entre o 80 e o 85%) que consome unha lavadora emprégase para quentar a auga
  3. Desconxelar o frigorífico antes de que a capa de xeo alcance 3 mm de espesura permite obter aforros de ata o 30%
  4. Desconxela os alimentos no interior do frigorífico.
  5. Axusta o termóstato para manter unha temperatura de 6º C na parte do frigorífico e de -18º C no de conxelación
  6. Lava sempre en auga fría ou a baixa temperatura, con pouco xabón e a carga completa.Desta forma, o aforro é múltiple: nun ano podes aforrar ata un 70% en auga, un 24% en enerxía e baixar o gasto en deterxente
  7. Centrifugando gástase moita menos enerxía que utilizando unha secadora
  8. Pon a lavalouza a carga completa ou utiliza os programas curtos ou de media carga
  9. Aproveita a calor da cociña, procura que o fondo dos recipientes sexa lixeiramente superior á zona de cocción
  10. Usa cazolas e tixelas con fondo groso difusor nas cociñas eléctricas; lógrase unha temperatura máis homoxénea.
  11. Utiliza a ola a presión rápida, supón un aforro de tempo e de enerxía, ata dun 30%.
  12. Tapa as olas durante a cocción; consómese menos enerxía.
  13. Usando o microondas en vez do forno aforras entre o 60 e o 70% de enerxía.
  14. Aproveita a iluminación natural, sempre que sexa posible.
  15. Utiliza cores claras nas paredes e teitos para aproveitar mellor a luz natural.
  16. Non deixes luces acesas en cuartos que non esteas a utilizar.
  17. Mantén limpas as lámpadas e as pantallas, aumentará a luminosidade.
  18. Dálle preferencia á iluminación localizada, ademais de aforrar, conseguirás ambientes máis confortables.
  19. Podemos apagar soamente a pantalla do ordenador cando o vaiamos utilizar durante períodos curtos, así ao volver acendela non teremos que esperar a reiniciar o equipo.
  20. As pantallas LCD aforran un 37% da enerxía en funcionamento, e un 40% en modo de espera.

Compra-aforros

  1. Un frigorífico de clase A de 300 litros de capacidade pode consumir máis electricidade ca un de clase G de 100 litros
  2. As lámpadas incandescentes só aproveitan en iluminación un 5% da enerxía eléctrica que consomen e o outro 95% transfórmase en calor sen aproveitamento luminoso
  3. Compra sempre aparatos con etiquetaxe enerxética de clase A, A+ ou A++.
  4. As lavadoras con programas de media carga reducen o consumo considerablemente.
  5. As cociñas de indución aforran ata un 45% da enerxía que consomen as vitrocerámicas, aínda que o seu prezo é maior
  6. Substitúe as lámpadas incandescentes por lámpadas de baixo consumo. O aforro é de 60 euros ao ano por cada lámpada.
  7. Coloca reguladores de intensidade luminosa de tipo electrónico.
  8. Usa tubos fluorescentes onde necesites máis luz durante moitas máis horas.
  9. En vestíbulos, garaxes, zonas comúns... é interesante colocar detectores de presenza para que as luces se acendan e apaguen automaticamente.
  10. Compra ordenadores con sistema de aforro de enerxía "Energy Star" e apágaos completamente en ausencias prolongadas, superiors a 30 minutos.
  11. É conveniente tamén comprar impresoras que impriman a dobre cara

Transporte

De dispores dun ou máis vehículo, cantos litros consomen por mes?

  • litros/mes
  • litros/mes
  • litros/mes
  • litros/mes

Cantas viaxes fas á semana en metro ou tren? (1 viaxe = ida + volta)

Cantas viaxes fas á semana en autobús urbano? (1 viaxe = ida + volta)

Cantas viaxes fas á semana en autobús interurbano? (1 viaxe = ida + volta)

Cantas viaxes fas ao ano en avión? (1 viaxe = ida + volta)

Cantas viaxes fas ao mes en taxi? (1 viaxe = ida + volta)

toneladas de CO2 é o resultado total das túas emisións na área de Transporte

Sabías que...

Truco-aforros

  1. Máis do 75% dos desprazamentos urbanos se realizan en vehículos privados cun só ocupante e que na cidade o 50% das viaxes en coche se fan para percorrer menos de 3 km
  2. Unha falta de presión de 0,3 bares nos pneumáticos incrementa aproximadamente un 3% o gasto de combustible
  3. As técnicas de condución eficiente permiten acadar aforros de ata o 15% de carburante e de emisións
  4. A utilización do aire acondicionado no seu coche incrementa aproximadamente nun 25% o gasto de combustible
  5. O transporte público é ata 6 veces máis eficiente ca un coche, máis económico enerxeticamente, e menos contaminante
  6. Arranca sen pisar o acelerador, inmediatamente despois nos motores de gasoline e pasados uns segundos nos diésel.
  7. Usa a primeira marcha só para o inicio e cambia a segunda aos 2 segundos ou 6 metros, aproximadamente.
  8. Acelera e cambia de marcha Segundo as revolucións ou a velocidade: nos motores de gasolina entre as 2.000 e as 2.500 rpm e nos diésel entre as 1.500 e 2.000 rpm. Usa a 3ª marcha a partir duns 30 km/h; 4ª marcha, a partir duns 40 km/h; e 5ª marcha por riba dos 50 km/h. Despois de cambiar, acelera lixeiramente.
  9. Circula o máis posible nas marchas máis longas e a baixas revolucións.
  10. Mantén a velocidade de circulación o máis uniforme posible, evitando freadas, aceleracións, etc.
  11. Para a desaceleración, levanta o pé do acelerador e deixa rodar o vehículo, sen reducir, frea de forma suave e progresiva co pedal de freo e reduce a marcha o máis tarde posible.
  12. Sempre que a velocidade e o espazo o permitan, para o coche sen reducir previamente a marcha.
  13. Se realizas paradas superiores a 1 minuto, convén apagar o motor.
  14. Conduce sempre cunha axeitada distancia de seguridade e un amplo campo de visión.

Truco-aforros

  1. Á hora de elixir entre un motor diésel ou gasolina debes calcular o número de quilómetros que pensas facer co coche. Se nos achegamos aos 30.000 ao ano, compensa o sobrecusto do motor diésel.

Refugallos

Cantas persoas viven na túa vivenda?

Selecciona os tipos de materiais que separas habitualmente

toneladas de CO2 é o resultado total das túas emisións de CO2 na área de Refugallos

Sabías que...

Truco-aforros

  1. A reciclax de papel diminúe o consumo de auga nun 86% e o de enerxía nun 65%
  2. Cada botella reciclada supón un aforro equivalente á enerxía que se precisa para ter un televisor aceso durante 3 horas
  3. Por cada folio normal que se recicla afórrase a enerxía equivalente ao funcionamento durante 2 horas dunha lámpada de baixo consumo de 20 vatios
  4. Para fabricar unha tonelada de papel precísanse entre 12 e 16 árbores de tamaño mediano, uns 50.000 litros de auga e 300 de petróleo
  5. Reciclando as 3.000 botellas de vidro que caben nun iglú de recollida selectiva afórranse arredor de 130 kg de petróleo e 1.200 kg de materias primas

Os teus datos de emisión de CO2

As túas emisións son de {PARAMS.total} toneladas de CO2

Gasto económico

  • Calefacción e A.C.S.:
    0 Euros
  • Electricidade:
    0 Euros
  • Transporte:
    Debido ás particularidades de cada persoa, non é posible definir un consumo medio no transporte
  • Refugallos:
    Debido ás particularidades de cada persoa, non é posible definir un consumo medio en residuos

Conseguir os meus resultados por email

Se o desexas, podémosche enviar un email cos datos que obtiveches. Introduce a túa dirección de email a continuación e fai clic en "Enviar por email"

O email hase envíado correctamente.

Estes son os teus datos de emisión de CO2 (datos expresados en toneladas)

Áreas  
Total: 0
Calefacción: 0
Electricidade: 0
Transporte: 0
Refugallos: 0