Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Apaga o gasto, acende o aforro

¿Que fai EROSKI polo aforro enerxético?

En EROSKI integramos a variable ambiental no noso día a día, tanto nos produtos de marca propia como nas instalacións.

ECRON aforra enerxía

En EROSKI, todos os electrodomésticos ECRON, a marca de venda exclusiva en EROSKI, son de clase A, e pasan estritos controis de calidade e probas de eficiencia enerxética. Ademais, EROSKI, ao encargarse da instalación dos electrodomésticos novos, recolle os aparatos vellos para a súa correcta reciclaxe.

Ademais, EROSKI, ao encargarse da instalación dos electrodomésticos novos, recolle os aparatos vellos para a súa correcta reciclaxe.

Lámpadas de baixo consumo

As lámpadas de baixo consumo EROSKI son todas de clase A, é dicir, teñen a mellor clasificación de eficiencia enerxética. En total, son 11 tipos distintos de lámpadas para que logres diferentes ambientes de baixo consumo.

5 iniciativas para o aforro en EROSKI

  • Instalamos un método único que permite controlar todas as instalacións eléctricas así como os consumos enerxéticos. En 20 supermercados constatamos un aforro do 8% de enerxía.
  • Contamos con equipos fluorescentes que permiten alongar a vida útil dos sistemas de iluminación.
  • Substituímos os interruptores por detectors de presenza.
  • Os sistemas de frío están baseados no aforro e na eficiencia enerxética.
  • Instalamos portas que evitan as correntes de aire.
fotografía de Gotzone Artabe

Gotzone Artabe

Responsable de Medio Ambiente de EROSKI

“Aplicamos medidas para o aforro de enerxía”

En EROSKI vimos desenvolvendo un proxecto de “Eficiencia Enerxética” para estudar e aplicar medidas conducentes a lograr aforro enerxético e contribuír, polo tanto, a minimizar o efecto invernadoiro. Son moitas as actuacións que podemos implementar; algunhas son moi sinxelas e gratuítas, como o peche das portas para evitar fugas de frío ou calor; e outras que supoñen investimentos máis elevados, como instalacións máis innovadoras e enerxeticamente máis sostibles, pero cuns períodos de amortización asumibles grazas ao aforro enerxético posterior que supoñen.