Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



A obesidade infantil é unha enfermidade seria que provoca importantes trastornos físicos, metabólicos, emocionais e sociais nos nenos.

España converteuse no cuarto país da Unión Europea con maior número de nenos con problemas de exceso de peso: presenta un cadro de obesidade dun 16,1% entre menores de 6 a 12 anos de idade, superado apenas polos datos de Italia, Malta e Grecia.

Un feito alarmante nunha sociedade cunha das mellores dietas alimenticias do mundo, a dieta mediterránea, que hai só cinco anos presentaba apenas un 5% de nenos obesos.

Segundo as últimas enquisas e o ultimo estudo realizado polo Observatorio Idea Sa EROSKI no ano 2006, os nenos españois pasan unha media de 2 ½ horas diarias vendo a televisión e media hora adicional xogando aos videoxogos ou conectados á Rede.

Principais causas de obesidade infantil

I

  • Perda da Dieta mediterránea.
  • Abuso da comida-lixo.
  • Falta de exercicio físico.
  • Un ritmo de vida cada vez máis sedentario.

Por que adopta eses compromisos?

Imagen de una mano sujetando una manzana

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a obesidade e o exceso de peso acadaron un carácter de epidemia a nivel mundial.

As cifras asustan. Máis de mil millóns de persoas adultas teñen exceso de peso e, delas, polo menos 300 millóns son obesas.Na última Xornada Nacional sobre Obesidade e Factores de Risco Cardiovascular, realizada en Madrid, España, diagnosticouse a obesidade infantil como unha enfermidade emerxente.

Tanto en Europa como nos Estados Unidos, dende os anos noventa ata hoxe, a incidencia da obesidade infantil duplicouse.

O noso compromiso comercial

1ª Fase: Campaña informativa

Una madre jugando con su hijo a los bolos

Realizaremos accións de comunicación directas sobre todos os públicos de interese para EROSKI.

Institucións do Estado e comunidades autónomas:

Dar a coñecer a campaña e solicitar apoio institucional para desenvolver a campaña a nivel local.

Asociacións de distribución, provedores e axentes vinculados ao sector:

En marzo do 2008 desenvolverase a Feira Alimentaria en Barcelona. Consideramos que pode ser o marco axeitado para darmos a coñecer as accións que vai desenvolver EROSKI neste ámbito e mais para pedirmos o seu apoio nos nosos diferentes compromisos (fundamentalmente na eliminación das graxas trans dos produtos de marca propia e en accións que se poidan pór en marcha no futuro como políticas de redución de sal ou de azucre en produtos infantís...).

Mundo asociativo:

Contaremos para esta campaña coa colaboración e apoio das asociacións coas que habitualmente colaboramos e que son especialistas no ámbito da alimentación e da saúde. A nosa intención é que a campaña sexa global e aglutinadora, e que nela traballemos da man con estas asociacións, integrando os seus puntos de vista e contando co seu asesoramento nas actividades e contidos que desenvolvamos.

Clientes EROSKI:

A través das diferentes actividades que poremos en marcha a partir do mes de outubro:

  • Tour Alimentación saudable vinculado ás aperturas
  • Campaña de fomento da actividade física nos nosos hipermercados en colaboración co Consello Superior de Deportes.
  • Stands informativos en tenda
  • Escolas EROSKI contigo
  • Revista EROSKI contigo
  • Información na páxina web

2ª Fase: Actuacións comerciais

O exercicio físico nos nenos

Niños paracticando deporte

Hoxe en día os nenos botan a maior parte do seu tempo realizando actividades que representan pouco gasto físico, principalmente por mor do avance da tecnoloxía.

O exercicio e mais as actividades de xogo deben constituír parte habitual da vida do neno dende idades moi temperás: os beneficios da actividade física no neno son múltiples, dende o desenvolvemento físico e mental, ata o aspecto social e de interrelación co medio.

Os estudos demostran que os nenos que teñen bos hábitos de alimentación e de facer exercicio medran tendo menos problemas de saúde e ata lles vai mellor na escola.

Con esta campaña queremos servir como fonte de información e axudar os pais na nutrición e exercicio dos seus fillos, ofrecendo solucións activas e dando consellos útiles que poidan conducir a súa familia ao camiño da boa saúde. O aumento da actividade física debe ir orientado a lograr cambios nas actividades da vida cotiá, a diminuír o tempo dedicado a actividades sedentarias (televisión, ordenador), a estimular actividades recreativas ao aire libre e, nos nenos maiores, a fomentar a participación en actividades deportivas de acordo aos seus gustos e preferencias, pondo énfase en actividades que valoren a participación en equipo máis ca na competencia individual.

A obesidade infantil está máis relacionada co sedentarismo, coa falta de exercicio físico e cos hábitos de vida incorrectos ca co tipo de alimentación ou cos factores xenéticos ou de predisposición familiar, segundo unha investigación feita pública en decembro do 2006.

O noso compromiso e implicación...

A obesidade infantil é unha enfermidade seria que provoca importantes trastornos físicos, metabólicos, emocionais e sociais nos nenos. Nos últimos anos empezan a resultar preocupantes os malos costumes alimenticios, o aumento da obesidade, especialmente en nenos, e o aumento do lecer sedentario. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a obesidade e o exceso de peso acadou un carácter de epidemia a nivel mundial.


Tamén en EROSKI.es

Eroski NATUR
Eroski basic
Supermercados e Hipercercados EROSKI