Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


ANUARIO DE ACTIVIDADES DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DE EROSKI NO 2010

resumo das actividades de responsabilidade social corporativa de eroski no 2010

Apoio ás persoas con discapacidade

Realizamos diversas colaboracións con asociacións que traballan pola integración de persoas con discapacidade física ou mental e problemas de saúde. Estas colaboracións materialízanse en doazóns e patrocinios de actos lúdico-formativos e de sensibilización social.

_Down España

EROSKI e Down España asinaron un convenio de colaboración para dar forma a un programa cuxo obxectivo é promover hábitos de nutrición máis sans entre os nenos e adolescentes con Síndrome de Down para previr a obesidade e outros problemas de saúde derivados neste colectivo. A Federación Española de Síndrome de Down -Down España - agrupa a 83 institucións de toda España, sendo a organización de referencia da síndrome de Down no noso país, polo que o programa chegará ao maior número posible de nenos e adolescentes. Ademais, preténdese que esta ferramenta interactiva estea nun futuro dispoñible a través da páxina web www.sindromedown.net, co obxectivo de que poida servir a asociacións de fala hispana en todo o mundo.

_COCEMFE

COCEMFE é unha ONG creada no 1980 para promover e defender a melloría das condicións de vida do millón e medio de persoas con discapacidade física de España. Agrupa a 1.700 organizacións de todo o territorio español, que se organizan en Confederacións autonómicas, Federacións provinciais e Entidades estatais representantes das distintas discapacidades (Párkinson, Hemofilia, Fibrose Quística, Espina Bífida...) O seu medio de difusión vén da man da revista En Marcha, publicación de avalado prestixio que serviu durante máis de 25 anos á expresión da Confederación e que goza de grande acollida entre as persoas do colectivo. Desde EROSKI colaboramos con este medio de comunicación.

_FEKOORA

Federación Coordinadora de Persoas con Discapacidade Física de Biscaia (FEKOOR) é a entidade aglutinadora das 19 principais asociacións de persoas con discapacidade física e/ou orgánica da provincia e o seu obxectivo é a plena integración social dos afectados. Conta, nestes momentos, con máis de 6.800 asociados. Colaboramos con FEKOOR na celebración do Día Mundial das Persoas con Discapacidade realizado en Bilbao.

_BENE

BENE é unha Asociación de familiares e afectados por enfermidades neuromusculares de Biscaia. Durante o 2010 participamos no seu programa de lecer inclusivo a través do deporte multiaventura, dirixido ás familias con nenos con enfermidades neuromusculares da provincia.Este innovador proxecto é o primeiro con estas características que a entidade presenta: actividades de lecer integrador e terapéutico, totalmente adaptado, en contacto coa natureza e diferenciando a etapa vital que viven os nenos con Enfermidades Neuromusculares, tendo en conta as súas necesidades de relacións sociais.Esta actividade potencia a autonomía persoal e as habilidades sociais, absolutamente imprescindibles nunha sociedade relacional como a nosa, que permiten aos nenos e ás súas familias desenvolveren unha vida moito máis completa e autónoma malia as limitacións. Tamén permite ampliar o vínculo de relacións sociais entre nenos afectados e os seus pais e nais, o cal garante un lecer moito máis normalizado e menos restrinxido. Con este programa dáse resposta ao gran problema que supoñen normalmente os espazos de lecer, xa sexan abertos ou pechados, porque no teñen en conta as necesidades de persoas con enfermidades neuromusculares (adaptación do cuarto ou do baño, soporte asistencial dos monitores ou organizadores, actividades que requiren de capacidade física normal...).

_Euskal Gorrak

O obxectivo primordial da Federación Vasca de Asociacións de Persoas Xordas é cubrir os servizos globais e xerais, á vez que reforzar a estrutura do movemento asociativo de toda a Comunidade Autónoma Vasca. Deste xeito, os retos máis importantes a conseguir son a desaparición das barreiras de comunicación e o recoñecemento oficial da Lingua de Signos na CAV.No 2010, colaboramos coa Federación Vasca de Asociacións de Persoas Xordas, Euskal Gorrak, tanto na Xornada de Movemento Asociativo como na celebración do seu 30 aniversario.

_Asociación de Esclerose Múltipla Eugenia Epalza

Como é habitual desde hai varios anos, desde EROSKI participamos na campaña 'Móllate-Buzti zaitez 2010' que cada verán desde hai 13 anos se celebra nas praias e piscinas de diversas localidades do País Vasco. O obxectivo é sensibilizar á cidadanía sobre a problemática deste colectivo.

A campaña "Móllate-Buzti zaitez 2010", celebrada o día 11 de xullo, tiña como finalidade obter ingresos destinados a financiar os servizos de rehabilitación necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta doenza incurable. Ano tras ano aumenta a participación de persoas nestes actos, así como as personalidades que apoian publicamente este evento.

_ONCE

Desde EROSKI, colaboramos coa Semana da ONCE en Euskadi, como xa fixeramos en edicións anteriores. O propósito do acto é dar a coñecer a mensaxe de integración social da xente con discapacidade e ofrecer un espazo de encontro entre as persoas vinculadas á entidade e a cidadanía en xeral.A ONCE é unha corporación sen ánimo de lucro que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas cegas e con discapacidade visual de toda España. É unha institución de carácter social e democrática, solidaria tamén coas persoas afectadas por discapacidades distintas á cegueira.

_Euskadi PKU Elkartea

Prestem el nostre suport a l'associació que representa persones que pateixen fenilcetonúria i altres errors de metabolisme.

A fenilcetonuria ou PKU (do inglés "phenylketonuria") é un trastorno herdado que afecta a química do organismo e que, se non se trata oportunamente, provoca atraso mental. Afortunadamente, grazas ás probas habituais de diagnóstico de neonatos, agora é posible diagnosticar e tratar pronto a case todos os bebés afectados por este trastorno e permitir que medren e se desenvolvan con intelixencia normal.

_Gure señeak

No 2010 a Asociación Gure Señeak organizou con fins solidarios unha serie de eventos para recadar fondos destinados a paliar os excesivos gastos que están a ter as familias de Derio (Bizkaia) para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas afectados por enfermidades raras. Desde o seu nacemento, a asociación centrouse en apoiar as familias afectadas por estas patoloxías. Participamos nestes eventos co obxectivo de recadarmos fondos para a asociación.

_IFIMAV

IFIMAV é o Instituto de Formación e Investigación Marqués de Valdecilla. O seu obxectivo é fomentar a investigación e a xeración de coñecemento científico e tecnolóxico, no medio do Servizo Cántabro de Saúde e moi especialmente no Hospital Universitario Marqués de Valdecilla. Desde EROSKI colaboramos economicamente para que o estudo sobre a meninxite que está a desenvolver IFIMAV continúe co seu desenvolvemento satisfactoriamente e alcance os obxectivos propostos