Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


ANUARIO DE ACTIVIDADES DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DE EROSKI NO 2010

Resumo das actividades de responsabilidade social corporativa de eroski no 2010

Cultura e Deporte

_EROSKI e o éuscaro

A nosa sensibilidade face ao éuscaro fica patente dentro da propia organización, xa que fomentamos o seu uso por parte dos traballadores da zona cooperativa mais tamén de portas cara a fóra, pois apoiamos diversas iniciativas que promoven a normalización desta lingua.Como facemos desde hai anos, no 2010 colaboramos de novo coa celebración da Feira do Libro e Disco vasco en Durango, a máis importante do sector.

Ademais, asinamos un convenio coa Confederación das Ikastolas para apoiar as cinco festas que estes centros escolares celebran nos seus respectivos territorios. A sinatura, que se repetiu no 2010 tras varios anos de colaboración, implica axudas en metálico, a cesión por parte de EROSKI dun espazo no hipermercado máis próximo ao lugar da celebración para a venda de material relacionado coa festa, o préstamo de camións de frío para a organización da mesma e a subministración da cinta para marcar parte do percorrido.O noso apoio ao éuscaro reflíctese tamén en EROSKI CONSUMER, que conta cunha tiraxe en éuscaro de 15.000 exemplares, o que a converte nunha das publicacións máis lidas en materia de consumo en éuscaro. O contido lingüístico da revista, formado por todas as publicacións en éuscaro dos doce últimos anos, é un recurso moi valioso para mellorar e instruírse nos sistemas de tradución automática, para extraer a terminoloxía característica e para o estudo e a formación de tradutores.

Por iso, colaboramos coa FUNDACION ELHUYAR para desenvolvermos ferramentas na Internet que permitisen consultar todo este contido, corpus lingüístico, de forma pública. Desde xaneiro do 2009 xa está dispoñible en http://corpus.consumer.es e permite realizar todo tipo de buscas. É, por tanto, unha ferramenta plurilingüe ue pode servir como dicionario de termos de consumo.

_Concurso 'Bizkaia Maitea' da Deputación Foral de Biscaia

Hai xa varios anos que patrocinamos este certame organizado pola revista Bizkaia Maitea da Deputación Foral de Biscaia. Trátase dunha iniciativa dirixida a un público infantil e xuvenil. Os participantes poden demostrar o seu talento e trasladalo á disciplina que prefiran (pintura, fotografía, arte dixital e relatos breves), coa condición de que o seu traballo estea relacionado co ambiente e a concienciación social ao redor deste tema.

_Homenaxe a Segundo Olaeta

Participamos na homenaxe realizada a Segundo Olaeta no teatro Arriaga de Bilbao. O acto celebrado en memoria deste músico e coreógrafo biscaíño foi organizado a través da Asociación Ballets Olaeta-Olaeta Balleta Elkartea e conta tamén co apoio do Concello de Bilbao e a Deputación Foral de Biscaia.

_Subida a Artxanda

No 2010 fomos un dos patrocinadores na primeira edición da Marcha Popular Subida a Artxanda (Bilbao), organizada por El Correo en outubro. Ao redor de 4.500 afeccionados á montaña puxéronse a proba nesta primeira convocatoria e superaron con éxito os 323 metros de ascensión. O diñeiro recadado coas inscricións, máis de 11.000 euros, foi doado á residencia Real Casa da Misericordia de Bilbao.