Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Ao longo do 2010 destinamos parte dos nosos recursos a traballar de forma conxunta con outras organizacións buscando sempre obxectivos de interese social. Tamén patrocinamos diferentes eventos e participamos en feiras e congresos de distinta índole.
No 2010 colaboramos con WWF/Adena en campañas de carácter ambiental, como as destinadas a promover o uso de bolsas reutilizables ou o consumo responsable de produtos con selo FSC.
Ademais, asinamos un convenio de tres anos para fomentar un modelo de pesca máis sostible. A través deste acordo, estamos avaliando as principais fontes de fornecemento de peixe e marisco de EROSKI (nalgúns casos xa nos estamos abastecendo con provedores que teñen as certificacións correspondentes), catalogaremos aqueloutros provedores que poden ser candidatos a obter ditas certificacións e buscaremos fontes alternativas no caso de ser necesario.
Convertémonos así no primeiro distribuidor español que adopta un compromiso desta envergadura, algo xa habitual noutros países industrializados. E, con iso, damos un paso adiante para asegurar a orixe dos produtos que comercializamos, demostrando que no noso camiño cara á sustentabilidade e a responsabilidade non involucramos apenas aos nosos clientes, senón tamén aos nosos fornecedores e á propia empresa.
Patrocinamos a Conferencia Internacional de Celíacos, celebrada en setembro en Valencia dentro do marco da Asemblea Xeral da AOECS (Asociación de Asociacións Europeas de Celíacos). Ademais, estivemos presentes nos soportes de comunicación e incluíuse un folleto explicativo do programa de EROSKI 'Por unha dieta sen glute' no dossier dos congresistas. Segundo a organización, asistiron 350 persoas, líderes das Asociacións de Celíacos españolas e europeas
Coincidindo co Día Mundial da Celíaquía, que se celebra cada 27 de maio, publicamos en EROSKI CONSUMER un artigo sobre as alerxias alimentarias e a etiquetaxe nutricional de EROSKI, ademais dunha entrevista á Xerente da Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE). Así mesmo, doamos produtos sen glute á Asociación de Celíacos de Euskadi para a súa asemblea anual e organizamos unha charla-coloquio no hipermercado EROSKI de Santander.
Desde EROSKI patrocinamos o Día Mundial do Corazón (Madrid, setembro do 2010), organizado pola Fundación Española do Corazón (FEC) e cuxo acto central foi un concorrido maratón. Ademais, participamos na Semana do Corazón, un evento que percorreu sete cidades (Toledo, Madrid, Oviedo, Santiago, Mérida, Málaga e Mallorca) e que contou coa participación total de 46.000 persoas. No noso stand conxunto, organizamos actividades divulgativas, repartimos folletos informativos e puxemos en marcha talleres de alimentación para nenos e adultos. Tamén publicamos os informes elaborados no Observatorio EROSKI de Nutrición e Benestar, así como os resultados das campañas realizadas nos centros EROSKI ao longo do ano, na revista da Fundación Española do Corazón 'Corazón-Saúde' e na web www.fundaciondelcorazon.com.
Colaboramos desde hai varios anos coa Asociación para a Información e Prevención da Enfermidade Cardiovascular (Bihotz Bizi-Corazón Vivo) na campaña Almorzos Cardiosaudables. O obxectivo desta iniciativa, que ten lugar nos colexios da Comunidade Autónoma Vasca, é trasladar ao mundo escolar a xeración de hábitos de vida saudables en relación coa alimentación e a vida activa. Para iso, desde EROSKI achegamos produtos adecuados para un almorzo equilibrado.
Asinamos un convenio anual para o 2010 coa Asociación Española de Dietistas - Nutricionistas (AEDN), que ten como obxectivo difundir os criterios para unha alimentación saudable. O convenio contemplaba a colaboración de AEDN na campaña 'Pola túa saúde, fíxate e utiliza o Semáforo Nutricional dos produtos EROSKI'.
Estivemos presentes no II Salón Dieta Mediterránea, que se celebrou en IFEMA - MADRID no mes de outubro. No noso stand demos a coñecer o semáforo nutricional e a calculadora nutricional, realizamos catas de produtos sen graxas trans e organizamos varias charlas-coloquio sobre saúde e nutrición. Ademais, repartimos bolsas de avituallamento no Maratón pola Dieta Mediterránea celebrado o día da clausura. Segundo a organización, 60.000 persoas pasaron por este evento que durou catro días.
Tamén quixemos estar presentes no II Congreso das Federacións Españolas da Nutrición (FESNAD) a través da participación de Iñaki Larrabeiti, Director de Calidade de EROSKI, nunha mesa redonda sobre etiquetaxe nutricional.
Patrocinamos esta xornada organizada no mes de decembro pola Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO).
Entre os días 15 e 18 de marzo, desde EROSKI participamos na feira organizada en Molina de Segura (Murcia) con ocasión do Día Mundial do Consumidor. Neste evento, contamos cun stand no que se trataron temas como as bolsas reutilizables, a eliminación de graxas trans, o semáforo nutricional, os produtos FSC... Segundo a organización, 11.000 persoas pasaron polo stand de EROSKI.
Ademais, en xuño participamos tamén nun evento similar organizado en Pontevedra. Na Feira de Consumo que se realizou en Silleda contribuímos coa celebración de charlas con consumidores e entrega de folletos informativos sobre saúde e nutrición. Segundo a organización, a afluencia a este evento foi de ao redor de 15.000 consumidores.
O Moby Bike Eguna celebrouse o día 31 de outubro na capital guipuscoana e centrouse no uso da bicicleta como medio de transporte sustentable e respectuoso co ambiente. Da man dunha asociación que loita contra o cancro, en EROSKI puxemos á disposición do público varias bicicletas eléctricas, as cales empregamos para repartir a domicilio, co obxectivo de que puidesen probalas.
No 2010 renovouse, un ano máis, o convenio con esta entidade. Coa nosa achega, axudamos ao Foro Rural Mundial a conseguir os seus obxectivos potenciando os proxectos de desenvolvemento do mundo campesiño e agrícola e, en especial, do modelo de agricultura familiar.