Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Aliprox Presentación

A franquía comercial xurdiu en EROSKI na década dos setenta. A partir dos noventa aparece a franquía como unha oportunidade de crecemento para empresarios con espírito emprendedor.

Nos comezos a franquía nace coa insignia Aliprox, pero na actualidade operamos con dous sistemas ou insignias de franquía:

  • O franquiado ALIPROX é unha fórmula de cooperación entre dúas partes ligadas por un contrato. Os ALIPROX son establecementos de proximidade, de 250 a 700 metros cadrados, situados en poboacións urbanas dun mínimo de 2.000-2.500 habitantes. Operan baixo políticas comerciais definidas por EROSKI e ofrécenlles aos clientes un servizo completo de alimentación (con marcas de fabricante e coa marca propia EROSKI) e de liderado en frescos.
  • A franquía Integral EROSKI/city é tamén un sistema de cooperación entre dúas partes ligadas por un contrato e a opción máis axeitada para o cliente xestor/investidor con ganas de aprender e de profesionalizar o seu negocio. Con esta franquía o investidor asume os compromisos da insignia EROSKI/city, o seu modelo físico e comercial, as ferramentas de fidelización, etc. Ofrecémoslle un servizo integral de alimentación, cunha rendibilidade e imaxe comercial axeitada para o desenvolvemento do seu negocio, apoiado en sistemas de información avanzados. Contamos cun servizo de aprovisionamento adaptado ás súas necesidades en cada momento e cun servizo de formación e apoio comercial continuado e esmerado. Somos transparentes e serios nas relacións comerciais e implicámonos no éxito do negocio. O cliente final percibe EROSKI/city como un establecemento próximo, que se distingue doutros polos seus produtos frescos, con bos prezos nos produtos básicos, onde facer a compra é cómodo e rápido. Os franquiados están xestionados por un equipo de trato persoal próximo e atento e transmítenlles confianza aos clientes, que atopan unha gama suficiente que lles permite satisfacer as necesidades de compra cotiá do seu fogar. Os franquiados EROSKI/city son centros de entre 250 e 450 metros cadrados. Actualmente contamos con máis de 285 centros franquiados repartidos por toda España e cunha antigüidade de permanencia media de 12 anos, o que avala a satisfacción dos nosos clientes.

Vantaxes

  • Seguridade, garantía e futuro: EROSKI/city e Aliprox ofrécenche unha boa posición de mercado, xa que te beneficias da experiencia e do respaldo de EROSKI.
  • Iniciativa: ti es o dono do teu negocio.
  • Alta competitividade disporás dunha gran gama de produtos aos mellores prezos, tanto na marca de fabricante coma na marca propia EROSKI. Ademais, asegurámosche os produtos frescos coa mellor calidade.
  • Imaxe de marca: disporás dun plan publipromocional (folletos e carteis) constante para potenciar as vendas e a imaxe.
  • Sistemas de fidelización: : pomos á disposición do cliente a tarxeta EROSKI Rede Visa, que permite efectuar os pagamentos comodamente, e mais a tarxeta Travel Club, que premia as compras con puntos para cambialos por regalos.

Posta en marcha

  • Análise de recursos e necesidades de financiamento: ofrecémosche un estudo de mercado, plan de viabilidade, estudo de tesouraría e conta de explotación.
  • Busca do local: orientámoste sobre as zonas de interese, metros que precisas, etc.
  • Asesoramento:
    1. O aproveitamento do espazo é vital para dispores da gama necesaria que precisan os nosos clientes. Deseñámosche o centro para optimizares o espazo que tes dispoñible. Ademais, pomos á túa disposición todo o noso coñecemento sobre os provedores/oficios que necesites para ter a túa tenda preparada para vender. Contarás co noso asesoramento durante todo o proceso.
    2. Formación: asegurámosche unha formación ampla que abrangue todos os aspectos do negocio. Amais da formación inicial, disporás de formación, asesoramento e apoio comercial continuado con posterioridade á apertura do negocio.
  • Ferramentas: facilitámosche todas as ferramentas tecnolóxicas modernas e avanzadas para unha xestión eficiente da túa tenda.
  • Servizo loxístico: ofrecémosche un servizo loxístico adaptado ás necesidades de cada cliente, xa que dispomos de plataformas propias tanto de frescos como de alimentación.
  • Equipos de mercadotécnia: colaboramos nas tarefas de montaxe e implantación para garantir a apertura.
  • Plan publipromocional: contarás cun plan específico para a apertura adaptado ao teu negocio e mais dun plan continuado que facilite o crecemento do teu negocio.

Contacta connosco

Se queres dirixir o teu propio negocio, tes capacidade de xestión, carácter emprendedor, don de xentes e estás interesado en investir nun negocio con éxito, aproveita esta oportunidade e ponte en contacto connosco.

Podes chamarnos ao teléfono 902 540 340 ou completar o seguinte formulario e enviárnolo:

Ao enviar este formulario está a aceptar o previsto en Protección de datos de carácter persoal.


EROSKI.es gunean ere

Eroski basic
Anuario rsc
Supermercados e Hipercercados EROSKI