Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



EROSKI REÚNE EN CASTELA E LEÓN A MÁIS DE 150 PROVEDORES CASTELÁN LEONESES

EROSKI aposta polo desenvolvemento das industrias rexionais

No 2011, EROSKI realizou compras por valor de máis de 218 millóns de euros aos seus provedores de Castela e León

A colaboración cos provedores é un dos eixes da política de xestión de EROSKI

2012-01-24

Valladolid, 24 de xaneiro do 2012.- EROSKI reuniu a máis de 150 provedores castelán leoneses na Xornada "EROSKI e os provedores de Castela e León: unha colaboración de éxito", que se celebrou hoxe no Hotel Felipe IV de Valladolid e que pretende ser un punto de encontro para o diálogo de EROSKI cos seus provedores rexionais, na súa aposta por potenciar as economías locais.

Durante a inauguración da xornada, a conselleira de Agricultura e Gandería, Silvia Clemente, destacou a relevancia da celebración deste encontro dada a importante implantación de EROSKI en Castela e León. "Este tipo de xornadas están en consonancia coa nosa estratexia de reforzar a posición das industrias agroalimentarias da Comunidade nas grandes cadeas de distribución nacional, co obxectivo final de potenciar a venda dos produtos agroalimentarios de Castela e León".

Clemente lembrou a aposta pola calidade do sector agroalimentario da Rexión e mais desta cadea de distribución, "como o demostra que o 39% das 234 industrias agroalimentarias de Castela e León que son provedores de EROSKI ten algún produto adherido a 'Terra de Sabor', a marca para distinguir os produtos de calidade da Comunidade e insignia que lle dá ao consumidor confianza", asegurou a conselleira.

Ademais, durante a xornada Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI explicou cal é a política comercial que segue EROSKI para potenciar ao máximo as economías locais. Segundo Elizburu "a estreita colaboración cos provedores é un dos eixes diferenciais do modelo de xestión de EROSKI, que busca o máximo desenvolvemento conxunto e que pretende contribuír a aumentar a riqueza local das Comunidades Autónomas nas que está presente". Elizburu centrouse tamén na súa intervención na situación actual do sector do gran consumo e manifestou que "o consumidor demanda prezo, calidade, proximidade e innovación, polo que en EROSKI apostamos por unha estratexia de prezos competitivos e mais de xeración de valor".

Ademais, Alfredo García, Xerente de EROSKI Valladolid, expuxo cal é a política de produto local na tenda de EROSKI e afirmou que "os nosos novos hipermercados responden ás demandas dos clientes e pretenden ofrecer un modelo diferente ao dos competidores, máis próximo, ben fornecido, amplo e eficiente".

Para rematar, Telesforo San José, Vogal da Plataforma de Artesáns, puxo de manifesto a relación comercial do provedor local con EROSKI. Segundo San José, "a promoción dos produtos locais é un esforzo que debe ser realizado en conxunto por EROSKI e os seus provedores, para que o beneficiado sexa o consumidor final".

EROSKI en Castela e León

No 2011 EROSKI reforzou a súa estratexia de promoción de produtos da terra en todos os seus establecementos comerciais, con acordos de colaboración con 100 novos provedores castelán leoneses, dun total de 347. Na actualidade, os clientes de Castela e León poden adquirir máis de 4.000 produtos rexionais de grande aceptación. As compras totais supuxeron 218 millóns de euros no 2011, o que supón un incremento con respecto ao ano anterior dun 117,5%.

Outra medida a prol dos provedores locais é que a cooperativa simplifica a facturación, xa que se reduce a unha o número de facturas a emitir, co conseguinte aforro de tempo na xestión, que pasa a ser máis eficiente e sinxela.

Ademais, facilítalles a loxística aos seus provedores locais, xa que poden entregar os seus produtos nas plataformas de EROSKI, evitando a subministración por zonas ou tendas. Esta medida contribúe a unha xestión máis rápida e económica da loxística e diminúe o número e mais a distancia dos desprazamentos dos provedores.

EROSKI en Castela e León ten unha presenza de 108 establecementos entre hipermercados EROSKI e supermercados EROSKI/center, EROSKI/city, gasolineiras EROSKI, oficinas de EROSKI/viaxes, perfumerías IF, tendas de deportes Forum Sport e autoservizos Aliprox. En total, o equipo de EROSKI nesta comunidade intégrano arredor de 1.740 persoas, maioritariamente propietarios.

Sobre EROSKI

A rede componse de 112 hipermercados EROSKI, 989 supermercados (EROSKI/center, EROSKI/city e Caprabo), 59 gasolineiras, 19 cash-carry, 218 oficinas de viaxes EROSKI, 36 tendas de deporte Forum Sport, 281 perfumerías IF e 6 tendas de ocio e cultura Abac, ás que se engaden as 32 plataformas loxísticas. A esta rede súmanse 485 autoservizos franquiados.

Dende hai 42 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da Fundación EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI