Saltar o menú de navegación e ir ao contido
2012-01-18
Toledo, 18 de xaneiro do 2011.- EROSKI reuniu máis de 120 provedores castelán-manchegos na Xornada "EROSKI e os provedores de Castela A Mancha: unha colaboración de éxito", que se celebrou hoxe no Hotel San Juan de los Reyes de Toledo e que pretende ser un punto de encontro para o diálogo de EROSKI cos seus provedores rexionais, na súa aposta por potenciar as economías locais. O acto inaugurouno Miguel Cervantes, Director Xeral de Infraestruturas e Desenvolvemento Rural da Consellería de Gandería, Pesca e Desenvolvemento Rural do Goberno de Castela A Mancha.
Durante a xornada, Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI, explicou a política comercial que segue EROSKI para potenciar ao máximo as economías locais. Segundo Elizburu "a estreita colaboración cos provedores é un dos eixes diferenciais do modelo de xestión de EROSKI, que busca o máximo desenvolvemento conxunto e pretende contribuír a aumentar a riqueza local das Comunidades Autónomas nas que está presente". Elizburu tamén centrou a súa intervención na situación actual do sector do gran consumo e manifestou que "o consumidor demanda prezo, calidade, proximidade e innovación, polo que en EROSKI apostamos por unha estratexia de custas competitivas e mais de xeración de valor".
Ademais, David Ávila, Xerente de EROSKI Toledo, expuxo cal é a política de produto local na tenda de EROSKI e afirmou que "os nosos novos hipermercados responden ás demandas dos clientes e pretenden ofrecer un modelo diferente ao dos competidores, máis próximo, ben fornecido, amplo e eficiente".
Para rematar, Inmaculada Villaseñor, Responsable de Grandes Superficies de Tosfrit, puxo de manifesto a relación comercial do provedor local con EROSKI. Segundo Villaseñor, "nos nosos case catro anos de colaboración con EROSKI, as nosas vendas tiveron incrementos espectaculares. Ao final, unha relación baseada na confianza, no esforzo de superación e no dinamismo, non só é boa para EROSKI e para a nosa empresa, senón tamén para lle dar máis satisfacción ao cliente, e isto é o máis importante”.
No 2011, EROSKI reforzou a súa estratexia de promoción de produtos da terra en todos os seus establecementos comerciais, con acordos de colaboración con case 216 provedores castelán-manchegos. Na actualidade, os clientes de Castela A Mancha poden adquirir arredor de 6.900 produtos rexionais de grande aceptación. As compras totais supuxeron 110 millóns de euros no 2011, o que supón un crecemento superior ao 3% con respecto ao 2010.
Outra medida a prol dos provedores locais é que a cooperativa simplifica a facturación, xa que se reduce a unha o número de facturas que se emiten, co conseguinte aforro de tempo na xestión, que pasa a ser máis eficiente e sinxela.
Ademais, facilítalles a loxística aos seus provedores locais, xa que poden entregar os seus produtos nas plataformas de EROSKI, evitando a subministración por zonas ou tendas. Esta medida contribúe a unha xestión máis rápida e económica da loxística e diminúe o número e distancia dos desprazamentos dos provedores.
EROSKI en Castela A Mancha ten unha presenza de 29 establecementos entre hipermercados EROSKI e supermercados EROSKI/center, EROSKI/city, gasolineiras EROSKI, oficinas de EROSKI/viaxes, perfumerías IF, tendas de deportes Forum Sport e autoservizos Aliprox. En total, o cadro de persoal de EROSKI nesta comunidade intégrano arredor de 990 persoas.
A rede componse de 112 hipermercados EROSKI, 989 supermercados (EROSKI/center, EROSKI/city e Caprabo), 59 gasolineiras, 19 cash-carry, 218 oficinas de viaxes EROSKI, 36 tendas de deporte Forum Sport, 281 perfumerías IF e 6 tendas de ocio e cultura Abac, ás que cómpre engadir as 32 plataformas loxísticas. A esta rede súmanse 485 autoservizos franquiados.
Dende hai 42 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da Fundación EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.