Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



Somos unha cooperativa. Temos un modelo socio-empresarial distinto a outros e buscamos xerar emprego sostible e de calidade.

A maior garantía de calidade que lles podemos ofrecer ás persoas que se incorporan en EROSKI é que o fagan como propietarios. Queremos facer a empresa contigo.

Non só ofertamos traballo. Ofertamos algo máis: a posibilidade de participar nun proxecto empresarial único no mundo. Non existe outra empresa cun modelo coma o noso. Somos máis de 50.000 traballadores e avanzamos para sermos máis de 50.000 propietarios.

Que podes atopar en EROSKI?

  • Unha das empresas de distribución máis grandes de España.
  • Unha organización multinegocios que ofrece todo tipo de posibilidades: vendedores, postos técnicos de alta cualificación (contamos mesmo cun laboratorio propio), técnicos informáticos, área de compras, loxística...
  • Unha organización xestionada por e para persoas.
  • Un proxecto de desenvolvemento profesional e persoal.
  • Un modelo baseado na participación dende as capacidades das persoas que o integran.
  • Un xeito de entender o traballo distinto: propiciando a autoxestión, buscando a cooperación entre os seus socios e esixente cos dereitos e obrigas.

Atoparás unha organización empeñada na formación das persoas. De feito, esta é a nosa definición de formación:

"Garantir os coñecementos e competencias das persoas que integran o Grupo Eroski ao longo da súa traxectoria profesional, contribuíndo ao seu desenvolvemento integral, á súa motivación e satisfacción, co fin de que estas lle acheguen ao grupo Eroski, de modo sostible, todo o seu potencial persoal e profesional e todo iso en liña coas políticas e estratexias da organización e cos Valores corporativos"

En definitiva, unha organización que basea o seu éxito no éxito das persoas que a integran.

Sabías que...

Sabías que somos unha empresa gobernada en paridade entre socios de traballo e consumidores?

Sabías que neste modelo somos a cooperativa mais grande do mundo?

Sabías que só en Áreas como Informática, Persoal, Compras, Loxística, Económico financeiro ou Consumo traballamos máis de 1.000 persoas?

Sabías que nos comprometemos a reverterlle á sociedade o 10% dos nosos resultados finais?

Que esperamos das persoas que decidan emprender o seu proxecto con Eroski?

Buscamos persoas que no seu ámbito de traballo estean dispostas a asumir liderado, con capacidade de traballo, solidarias, ilusionadas, emprendedoras, esixentes nos seus dereitos e obrigas. Persoas dispostas a traballar nun proxecto de empresa e a facerse protagonistas do seu desenvolvemento.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI