Saltar o menú de navegación e ir ao contido

Temos un modelo socio-empresarial distinto a outros e buscamos xerar emprego sostible e de calidade.
Somos unha das principais empresas de distribución de España, formada por máis de 50.600 persoas e con 2.440 puntos de venda.
Ofrecémoslles produtos e servizos de gran consumo aos nosos clientes. Á vez, proporcionamos unha experiencia de compra satisfactoria nas nosas tendas, cómodas e modernas.

Representamos o mellor exemplo dunha empresa multiformato. Comezamos vendendo alimentos e pouco despois téxtil, calzado e electrodomésticos, pero hoxe temos tamén oficinas de viaxe, tendas de lecer e deporte, perfumerías, servizos financeiros (empréstitos, seguros...), ópticas, gasolineiras, empréstitos e seguros, telefonía móbil...
A responsabilidade empresarial debe compatibilizar o crecemento e a xeración de valor, contribuír ao desenvolvemento social alí onde opera ou se instala unha empresa e, ademais, facelo co menor impacto ambiental posible.
"Desde a nosa creación, devolvémoslle o 10% dos nosos beneficios á
sociedade mediante as nosas iniciativas de acción social. Canalizamos a
maior parte desa acción social mediante Fundación EROSKI".