Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Co medio natural

Integramos a variable ambiental no quefacer cotián da nosa empresa: tomamos decisións e xestionamos a actividade empresarial seguindo o criterio básico de respecto ao medio. Todo iso reflíctese no noso ECOPLAN, que aglutina as nosas principais accións e que involucra a traballadores, provedores e clientes.

Marca propia: colaboración con provedores

Cómpre salientar o proxecto e+5, orientado a sensibilizar os nosos provedores de produtos sobre a importancia da xestión ambiental. O 92% dos provedores das nosas marcas están clasificados seguindo criterios ambientais.

Loxística: diminución de emisións

Mediante o Foro de Transporte Verde implantamos medidas para minimizar as emisións contaminantes do transporte de mercadorías de EROSKI. As súas principais liñas de actuación son o uso de aditivos e de biodiésel.

Tendas: diminución de residuos

Esforzámonos nunha axeitada xestión de residuos das nosas tendas e no control da cantidade de embalaxe que incorpora o noso produto de marca propia. Un exemplo é a eliminación do colorante nas bolsas 'camiseta', o que nos permitiu aforrar máis de 63.000 quilogramos de polietileno e 75.600 quilogramos de colorante nun ano.

Traballadores: formación específica

Contamos con cursos orientados a sensibilizar os traballadores de EROSKI sobre o impacto ambiental de cada posto de traballo, xa sexa nas nosas tendas, na nosa estrutura loxística ou na nosa central de compras.

FUNDACIÓN EROSKI: campañas para consumidores

Entre as iniciativas ambientais impulsadas dende FUNDACIÓN EROSKI destacan as orientadas a sensibilizar aos consumidores, que participan masivamente en cada unha delas, e que ademais amosan nos encontros que mantemos habitualmente con eles unha clara preocupación polo medio natural.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI