Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A acción social de EROSKI atende a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e a solidariedade. Mediante Fundación EROSKI canalizamos boa parte do 10% dos nosos beneficios que destinamos a acción social.
Mediante los principales ejes de actuación de Mediante os principais eixes de actuación de Fundación EROSKI promovemos accións en favor dos consumidores, organizamos campañas de divulgación, editamos revistas e guías, ofrecemos bolsas e axudas, colaboramos con organizacións de axuda ao Terceiro Mundo e con campañas de recollida de alimentos, etc.
Como non podía ser doutro xeito, os consumidores son os protagonistas absolutos de Fundación EROSKI e sono dun modo activo, se o desexan. As figuras de Amigos e de Socios-Amigos de Fundación EROSKI, abertas aos que buscan unha maior proximidade coa Fundación, promoven a participación dos nosos 'Amigos' en todas as campañas que organizamos.
Fundación EROSKI réxese por un Padroado formado por consumidores e traballadores e conta cun comité científico formado por un grupo de expertos (catedráticos, profesores universitarios, etc.) que achegan coñecementos. Os consumidores poden participar activamente na fundación tomando parte nas súas iniciativas ou a través das figuras de Amigos e de Socios-Amigos de Fundación EROSKI, abertas aos que buscan unha maior proximidade con esta entidade.
Los dos principales soportes de Os dous principais soportes de información ao consumidor de Fundación EROSKI interesan cada vez máis: a revista impresa CONSUMER EROSKI e a páxina web www.consumer.es, ambas as dúas líderes nos seus respectivos formatos. Pero contamos tamén con Guías Prácticas Consumer EROSKI e co prestixioso Barómetro de Consumo.
Asumimos a preocupación polo medio natural dos nosos clientes e organizamos campañas de voluntariado ambiental, de coidado do contorno, organizamos iniciativas para promover a reciclaxe, para fomentar o aforro da auga...
Como membro fundador do 'Pacto Mundial', EROSKI desenvolve a súa actividade co ánimo de ser unha organización socialmente responsable e de promover o cumprimento dos Obxectivos do Milenio para o 2015. Para iso, dispón de programas como o 'Voluntariado Corporativo' ou o 'Voto Solidario', apoia o comercio xusto, realiza campañas anuais de recollida de alimentos e financia proxectos de cooperación internacional.
A Asociación de Veterinarios Especialistas en Seguridade Alimentaria (AVESA) premiou "a axuda ao desenvolvemento da seguridade alimentaria en España, tanto con CONSUMER EROSKI en xeral (revista impresa e proxecto en Internet) como pola páxina específica en Internet www.consumaseguridad.com en particular". CONSUMER EROSKI foi, xunto con Elpais.com, o medio online máis laureado nos premios de deseño ÑH. O xurado recoñeceu a organización da nosa portada, a innovación e usabilidade do conxunto da web, o deseño da Guía Práctica do Camiño de Santiago e once infografías.
As infografías en Internet de CONSUMER EROSKI foron premiadas pola Society News Design xunto ás mellores do mundo, como as do New York Times, Washington Post e National Geographic.
O labor de Fundación EROSKI de promoción e defensa do medio natural e do consumo sostible valeulle á versión electrónica de CONSUMER EROSKI dous premios este ano: o de Ecovidrio, e o de Consumo Sostible da Rexión de Murcia.