Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Fundación EROSKI

Desde que comezamos o noso camiño, hai xa máis de 40 anos, en EROSKI sempre traballamos a prol do consumidor, da comunidade e do medio natural. Somos un axente activo naqueles lugares onde desenvolvemos a nosa actividade e apostamos por un proxecto empresarial que atenda non só á rendibilidade económica, senón tamén á vertente social. A través de FUNDACIÓN EROSKI e do fondo reservado COFIP, destinamos cada ano o 10% dos nosos beneficios a iniciativas enmarcadas dentro da Responsabilidade Social Corporativa.

Unha das nosas prioridades é a información e a formación ao consumidor

EROSKI CONSUMER é o buque insignia do noso traballo nesta área. Con este proxecto, mantémonos como líderes a nivel nacional en materia de consumo grazas á súa información útil e veraz. A través da FUNDACIÓN EROSKI, levamos máis de tres décadas editando a revista e, en 1998, puxemos en marcha tamén a web www.consumer.es.

A edición de guías e de folletos explicativos e mais a posta en marcha de campañas divulgativas (saúde, InfoXogo...) completan o noso amplo labor neste eido.

Coñeces as nosas últimas campañas para promover unha alimentación sa?

Solidariedade

A solidariedade é outra das liñas de actuación que nos marcamos en EROSKI e que tratamos de desenvolver desde distintas vías: doazóns de produto, traballo conxunto co Banco de Alimentos, colaboracións con diversas ONG...

Como traballamos a prol da comunidade?

Sostibilidade e respecto polo medio natural

A sostibilidade e mais o respecto polo medio natural marcan tamén moitas das nosas iniciativas. O traballo arredor das bolsas reutilizables, as campañas de concienciación ou o fomento dun consumo responsable son boa mostra diso.

Descubre algunhas das nosas campañas a prol do medio natural.

Contacte connosco info@fundacioneroski.es

E, ademais, reservamos parte dos nosos recursos para apoiarmos iniciativas de terceiros, tanto a nivel institucional como social.

Descubre en que eventos e con que organizacións colaboramos o ano el año pasado.

Como apoiamos ás asociacións de persoas con discapacidade?

Coñece que eventos deportivos e culturais patrocinamos.

Anuario RSC 2010

Memoria RSC 2005-2006