Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Os efectos do cambio climático

O cambio climático orixina impactos en tres aspectos: a natureza, a saúde das persoas e a economía.

Natureza:

  • O nivel do mar está aumentado. Durante o século XX o ascenso do nivel do mar rexistrado na costa atlántica española foi de 2 mm/ano (10 veces máis intenso ca en épocas anteriores).
  • As temperaturas da superficie do mar estanse elevando. Nos últimos 15 anos a temperatura do Mediterráneo subiu 0,5 ºC.
  • Maior intensidade dos fenómenos climáticos extremos. As chuvias máis intensas provocan inundacións en moitas rexións e noutras unha diminución das chuvias. No sur e mais no leste da península as chuvias reducíronse no último século.
  • Desaxustes biolóxicos. As follas novas dos carballos fóronse adiantando nos últimos 15 anos e isto afecta directamente aos ciclos vitais dos insectos.
  • Plantas que ascenden a maiores altitudes e especies invasoras. Constatouse o desprazamento do bosque mediterráneo cara a cotas máis altas con respecto ao nivel en que se atopaba en 1950. Por outra banda, a chegada de novas especies invasoras dificulta a supervivencia das especies autóctonas.

Saúde:

  • Incremento do número de persoas desprazadas. Diferentes estudos estiman que a migración por causas climáticas pode afectar de 200 a 1000 millóns de persoas para o 2050.

Economía:

  • As medidas de adaptación ao cambio climático custarán de 40.000 a 170.000 millóns de euros.