Saltar o menú de navegación e ir ao contido
É a medida do impacto no clima que teñen as nosas actividades a través dos gases de efecto invernadoiro que producen. Calquera actividade que realicemos ou produto/servizo que consumamos leva asociada unha emisión de CO2.
Podemos calcular a pegada de carbono dun cidadán, rexión, empresa ou produto, contemplando tanto as emisións polo consumo directo de combustibles fósiles como as emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro dos produtos consumidos.
Para facérmonos unha idea, a Pegada de Carbono por persoa en España é de 9,79 toneladas de CO2 ao ano e cada un necesitariamos plantar e xestionar 49 árbores para ver compensadas en 20 anos estas emisións de CO2 anuais.
Reducila pasa por ter hábitos de consumo máis sostibles, reutilizar, aforrar enerxía, utilizar o transporte público… e reducir a Pegada de Carbono dos produtos e servizos que consumimos, como no caso do Suavizante EROSKI.
O Protocolo de Kioto é o acordo internacional vixente para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro nun 5% entre o 2008 e o 2012, en comparación coas emisións en 1990.
Só así daremos freado e minimizado os seus efectos no medio natural, na saúde humana, na economía.
Recoñecementos ao noso labor a prol do MEDIO NATURAL