Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Que podo facer para reducir a miña Pegada de Carbono?

Iniciatives

  1. Aposta polas Bolsas Reutilizables. Aforra 1 céntimo e evita 20 gramos de CO2 por cada bolsa tradicional de plástico dun só uso que non utilices.
  2. Elixe formatos aforro. Un envase de 1,5 l é mellor ca 3 envases de medio litro.
  3. Coida os bosques. Utiliza produtos de papel reciclado ou co selo FSC, que garante o uso racional dos recursos forestais.
  4. Reduce os envases. Aposta polos produtos menos empaquetados. Na nova gama EROSKI basic reducimos todo o prescindible para baixar os prezos e reducir o impacto ambiental.
  5. Recicla todo o que poidas. Separa e deposita cada tipo de residuo no seu colector específico.
  6. Unha alimentación equilibrada tamén é máis ecoeficiente. Unha dieta axustada á pirámide nutricional, cun consumo moderado de carne e máis frecuente de froitas e verduras, cereais, legumes e hortalizas ten, amais de ser máis saudable, un menor impacto ambiental.
  7. Consume produtos frescos de tempada. Son máis económicos e están no seu mellor momento de consumo, respectan os ciclos naturais e as zonas tradicionais de produción, evitando a implantación de monocultivos que esgotan a terra.
  8. Aforra enerxía con lámpadas de baixo consumo, cociñando con potas a presión e apagando os aparellos por completo, porque o “piloto vermello” segue a consumir enerxía. Axusta a temperatura a 20 ºC en inverno e a 26 Cº no verán. Por cada grao de diferenza podes aforrar ata un 7%.
  9. Reduce o teu consumo de auga quente. O 14% da enerxía consumida nos fogares dedícase a quentar auga. Frega os pratos coa billa pechada, utiliza a lavalouza a plena carga… e lembra que unha ducha consume 4 veces menos ca un baño.
  10. Elixe pezas de roupa de tecidos naturais, como o algodón, a la, o liño..., xa que teñen unha menor emisión de CO2.
  11. Cambia o teu coche polo transporte público. O teu coche xera case 7 veces máis CO2 ca un tren ou ca un autobús (20 kg de CO2 cada 100 km fronte aos 3 kg de CO2 dun tren ou dun autobús).
  12. Conduce de xeito ecoeficiente. Só evitando os cambios bruscos de aceleración podes diminuír as emisións de CO2 e o consumo de combustible nun 15%. Ademais, se mantés os teus pneumáticos correctamente inflados, podes reducilo nun 5% máis.

Envíanos un email a reduce_co2@eroski.es con os teus consellos e iniciativas para reducir a túa Pegada de Carbono. Difundirémolos en próximas campaña