Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

10 / Sen azucre

Non só sen azucre


unha man botando azucre cunha cucharilla a unhas pastas caseras O principal motivo -aínda que pode haber outros- que fai que debamos levar unha dieta na que controlemos a presenza de azucre é a diabete. Na actualidade existe unha ampla oferta de produtos que fan que a alimentación sen azucre sexa máis variada.

Infórmate de cales son os alimentos que máis che conveñen. Repasamos algúns hábitos sinxelos como repartir as comidas ata en seis tomas, respectar os horarios ou comer de forma moderada, que poden axudar a previr a diabete.


Cando o risco de diabete aparece

Unha dieta equilibrada con cantidades moderadas de azucre ou sen azucre engadido, que cubra as nosas necesidades de enerxía, sumado á práctica de exercicio físico, son claves para controlala.

A diabete é unha das enfermidades máis frecuentes na actualidade. Evitar o sedentarismo e os excesos alimentarios é tan importante como o tratamento médico que cómpre seguir. Os obxectivos da alimentación na diabete son:

  • Cubrir a necesidades de enerxía e nutrientes axeitadas a cada persoa (idade, estado de forma, preferencias alimentarias...).
  • Procurar o control da glicemia (control lípidos en sangue e os niveis de tensión).
  • Previr a obesidade.
  • Mellorar o estado de saúde, escollendo alimentos saudables e activándote con exercicio físico.
Jesús Román

Jesús Román
Presidente da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación

Por unha alimentación variada e equilibrada

A miúdo, os diabéticos compran alimentos etiquetados como ‘aptos para diabéticos’ á súa dieta habitual. Os alimentos normais do mercado, consumidos de forma razoable e de acordo coas directrices do seu médico, poden satisfacer tamén as súas necesidades. As persoas que teñen que convivir con restrición no consumo de azucre poden beneficiarse do uso moderado e razoable de alimentos nos que o azucre foi substituído por edulcorantes non caloríficos ou outros como os polialcohois. A dieta do diabético baséase nunha alimentación suficiente, variada e equilibrada moi similar á que deberiamos de levar todos nós.

sabías que...

  • A alimentación sen azucre debe adaptarse á situación de cada persoa.

Produtos ‘sen azucre’

‘Tolerados por diabéticos’, ‘sen azucre engadido’, ‘especiais’... varias son as denominacións dos alimentos sen azucre. Descubre en que consisten.

A alimentación do diabético non require necesariamente da adquisición de produtos especiais, nin tampouco dun orzamento superior. Os produtos habituais poden ser suficientes para el, pero convén coñecer a oferta de produtos dietéticos.

Nos produtos sen azucre este substitúese por edulcorantes con menor poder hiperglicemiante (frutosa) ou sen poder hiperglicemiante (sacarina, aspartamo, sorbitol, etc.), ou rebaixouse a proporción de amidóns.

As diferentes denominacións que encabezan estes produtos poden ser: “tolerado por diabéticos”, “sen azucre engadido”, “especial para diabéticos”, “axeitado para diabéticos”.

Ningún destes enunciados é suficiente e aconséllase ler sempre a información nutricional da etiquetaxe. O Semáforo Nutricional de ER OSKI axúdache.

moza comendo unha mazá

Dedícalle tempo á comida

A distribución das comidas en seis tomas, respectar o horario das comidas e dedicalo o tempo necesario pódeche axudar.

Varios son os xestos e hábitos que poden axudarche a controlar o teu nivel de azucre:

  • É aconsellable distribuír as comidas entre 3 e 6 tomas: almorzo, refrixerio a media mañá, comida, merenda, cea e resopón.
  • É importante respectar os horarios das comidas, dedicarlles tempo.
  • Ponlle especial atención á achega de hidratos de carbono. Atópanse nos seguintes alimentos: leite, farináceos (cereais e derivados, pataca, batata, etc.), legume, froita e verduras. Actualmente, considérase que o diabético debe inxerir alimentos ricos en carbohidratos complexos e fibra.
  • Nalgunhas situacións, o consumo de azucre é obrigatorio, por exemplo cando é preciso corrixir unha hipoglicemia. E cómpre tratar de previr esta durante un esforzo ou actividade física máis prolongada e/ou de grande intensidade.
moza comendo unha mazá

consellos

  • Consume a diario 2-3 pezas de froita e 2-3 racións de verdura.
  • Incrementa o consumo de legumes de 2-3 veces por semana.
  • Inclúe na túa dieta alimentos integrais.
  • Para ter unha achega axeitada de proteínas necesitas comer ao día de 2-3 racións de lácteos desnatados e 2 racións de carne magra, peixe azul, ovos e legumes.

Sigue a pirámide da alimentación

Se queres conseguir unha alimentación equilibrada, variada e adaptada ás túas necesidades sigue os consellos da pirámide da alimentación.

En todas as etapas do ciclo vital é importante que a alimentación sexa saudable: suficiente en enerxía e nutrientes; equilibrada, nas proporcións recomendadas de nutrientes; variada, que inclúa os grupos de alimentos básicos e adaptada ás características fisiolóxicas de cada persoa.

O segredo está en realizar unha alimentación variada, pero sen caer nos excesos. Por iso, aconséllase procurar unha inxestión de alimentos de todos os grupos para unha axeitada achega de enerxía e nutrientes na proporción da pirámide nutricional.

Entre os alimentos que han de parecer na alimentación habitual atópanse as froitas e verduras, os cereais, o aceite de oliva, o peixe e os froitos secos, entre outros.

sabías que...

  • As racións recomendadas son:
    Pan, cereais integrais, arroz, pasta, patacas (4-6 día); froitas (3 día); verduras e hortalizas (2 día); aceite de oliva (3-6 culleradas/ día); leite, iogur e queixo (2-4 día); froitos secos (3-7 semana); legumes (2-4 semana); ovos (3-4 semana); carnes magras (3-4 semana); peixes e mariscos (3-4 semana).
  • Ocasionalmente:
    GGraxas (margarina e manteiga); doces, bolería, caramelos, pasteis; bebidas refrescantes, xeados; carnes graxas e embutidos”
Pirámide nutricional do perfil Sen azucre

> Interpretación de pirámide nutricional

Decálogo de hábitos saudables

Presentámosche as claves dunha alimentación sen azucre en dez pasos.

  • Os hidratos de carbono complexos e a fibra deben estar presentes en todas as comidas que fagas ata proporcionar polo menos o 50% de todas as calorías requiridas.
  • Convén que utilices edulcorantes acalóricos en lugar de azucre.
  • Inclúe os lácteos desnatados na túa alimentación.
  • Come máis peixe que carne.
  • Toma froita fresca con pel, ben acompañada doutros alimentos, ben como sobremesa.
  • Toma fibra de xeito regular (cereais integrais, legumes, froitos secos, verduras e froitas) é moi beneficiosa para o teu organismo.
  • Utiliza aceite de oliva tanto para cociñar coma para aliñar.
  • É recomendable tomar froitos secos habitualmente e en pequenas cantidades.
  • A bebida principal debe ser a auga, con ou sen gas.
  • Practica exercicio cada día: camiña, sube escaleiras, corre, nada, etc.
señora comprando froita no super

Un menú feito á túa medida

En www.consumer.es tes máis de 1.000 receitas indicadas para casos de diabete. E 47 receitas distintas como sobremesa.

A continuación presentámosche un menú apto para diabéticos de 2000 kcal. Incluímos alimentos desnatados e integrais, sen renunciar a outro tipo de alimentos como a pasta, a verdura ou a froita.

Menú sen azucre

  • Almorzo:

    Leite desnatado. Pan integral con aceite de oliva. Froita (laranxa).

  • Media mañá:

    Boliño de pan. Queixo desnatado. Froita (mazá).

  • Comida:

    Macarróns con tomate. Tenreira á prancha con gornición de ensalada. Pan integral. Froita (melón).

  • Merenda:

    Pera. Tostas integrais.
    Plátano.

  • Cea:

    Feixóns verdes con pataca. Pescada á grella. Pan integral. Froita (mandarina).

consellos

  • Para beber, recomendámosche tomar auga con ou sen gas, ou infusións sen azucre.
  • Utiliza aceite de oliva tanto para cociñar como para aliñar.
Edulcorantes EROSKI

O que necesitas para o teu menú

ER OSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca ER OSKI teñen unha óptima relación calidade-prezo e supoñen un aforro de máis dun 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, aproveita as súas promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • Tallaríns EROSKI

    Tallaríns

    A gama de pasta en ER OSKI adáptase ás túas necesidades. Cociñada al dente, a dixestión é máis lenta e non afecta apenas aos niveis de glicosa. En tubos, en macarróns, en niños, en tallaríns...

  • Bote de lentellas cocida EROSKI

    Lentella cocida

    Os legumes axúdanche a equilibrar a dieta. A gama de legumes precocidos de ER OSKI inclúe desde fabas e garavanzos ata lentellas.

  • Botella de aceite EROSKI

    Aceite

    Aprovéitate dos beneficios do produto estrela da Dieta Mediterránea. Segundo os expertos, o aceite de oliva axuda a equilibrar a alimentación.

  • Caballa

    Xarda

    É da familia dos peixes azuis e, como tal, é rico en ácidos graxos Omega 3. Ademais de xarda, tes unha ampla selección de peixes da gama Eroski NATUR dispoñibles en EROSKI.

  • Bandexa de polo despiezado

    Despezado

    É unha carne moi lixeira, dixestiva, e tamén saborosa. En ER OSKI, dispós de polo enteiro, torado, en aliñas, filetes, xamonciños...

  • |
  • Ensalada EROSKI

    Lista para consumir

    A ensalada preparada de ER OSKI é perfecta se buscas equilibrar a túa alimentación. E moi cómoda de utilizar, para que non teñas escusas.

  • Pastas sen azucre EROSKI

    Sen azucre

    ER OSKI dispón dunha ampla gama de galletas que se adaptan ás túas necesidades, como as ‘Sen azucre’.

  • Doces

    Doces

    En ER OSKI, a oferta de doces sen azucre é ampla. Mesmo nas especialidades en Nadal.

  • Iogur

    Iogur

    Hainos naturais e edulcorados, para os que, coma ti, deben coidar a súa alimentación...

  • Berenjena EROSKI Natur

    A base dos teus purés

    Os vexetais son moi recomendables para equilibrar a alimentación. A berenxena é unha boa base para as túas ensaladas e purés.

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.