Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

4 / Infantil (4-12 anos)

A alimentación, clave para o seu crecemento

nena Durante esta etapa, a alimentación é clave para o seu crecemento. Desde o almorzo, que é a primeira comida do día e por iso a máis importante, ata a cea. En total, é aconsellable que realice 5 inxestións, como verás nos menús que che propoñemos.

A froita, a verdura e os lácteos, ademais dunha boa hidratación, nunca deben faltar na súa dieta. Un consello: varía as formas e texturas nos seus menús, seguro que o aprecian. A clave: que a achega que reciben sexa proporcional ao exercicio físico que realizan.


A importancia da alimentación na idade escolar

Nesta etapa é necesario apoiar o crecemento. A alimentación variada e equilibrada é clave na casa e na escola. Descubre por que.

A idade escolar é unha etapa da vida caracterizada por un crecemento continuo (de 5 a 6 cm por ano) e na que hai un aumento de peso aproximado de 2 kg anual durante os primeiros anos, e de 4 a 4,5 kg preto da puberdade. Ao mesmo tempo, prodúcese un aumento progresivo da actividade intelectual e un maior gasto calorífico pola práctica deportiva e dos seus xogos preferidos, polo que as racións aumentan.

Unha boa alimentación nesta etapa da vida caracterízase por:

  • Facilita un crecemento óptimo.
  • Evita as carencias de nutrientes e enerxía.
  • Prevén e corrixe problemas específicos relacionados co estado nutricional.
  • Diminúe o risco de aparición de enfermidades na idade adulta.

Comer en familia é a mellor forma de educar para adquirir hábitos saudables que repercuten no comportamento nutricional e a saúde a curto, medio e longo prazo.

consejos

  • Fomenta a alimentación variada e equilibrada.
  • Promove a educación alimentario-nutricional, sobre todo, en familia.
  • Inculca no neno hábitos alimentarios saudables. É importante comer en familia e xerar un ambiente agradable para todos.
Mamá con nena e magdalenas

O almorzo axuda a afrontar o día

É a primeira comida do día e a máis importante e debería incluír un lácteo, unha froita e un farináceo.

O almorzo é unha das comidas principais, porque é a primeira e rompe o xaxún de 10-12 horas. O almorzo debe achegar un 30% da enerxía necesaria para todo o día, polo que se non se realiza dificilmente se cubrirán as achegas de nutrientes necesarios.

Un bo almorzo axuda a conseguir as doses axeitadas da maior parte dos nutrientes que o organismo precisa ao longo do día.

Os nenos e mozos que almorzan ben teñen unha alimentación menos graxa, e máis rica en fibra, vitaminas e minerais.

consellos

  • No almorzo, pódese incluír outros grupos de alimentos: proteicos (atún, xamón curado, xamón cocido, etc.); graxos, preferentemente en forma de aceite de oliva; e alimentos doces, con moderación.
  • Limita os produtos de bolería a un consumo ocasional.
  • Parte o almorzo en dúas doses, o propio almorzo, e á media mañá. Esta repartición evita longos períodos de tempo sen inxerir nada e evita a saturación nas comidas posteriores.
  • Dedica ao almorzo entre 15 e 20 minutos de tempo, sentados na mesa, e nun ambiente relaxado. É o mellor investimento no seu rendemento e saúde.
Neno comendo o almorzo

Coñece os alimentos que máis lle conveñen

Na etapa escolar aconséllase comer alimentos de todos os grupos e conseguir así unha axeitada achega de enerxía e nutrientes.

Infórmate, a través da pirámide da alimentación adaptada á súa idade, como debe ser a súa alimentación.

Os alimentos da base da pirámide son os que deben constituír o piar da alimentación diaria, e a medida que se ascende atópanse os alimentos que teñen que aparecer con menos frecuencia na alimentación habitual.

En xeral, recoméndase unha repartición dos alimentos en cinco comidas diarias, tres delas principais: almorzo, comida e cea e dúas complementarias: unha a media mañá e outra a media tarde (merenda).

froitos Secos

Mix de sabor

Os froitos secos achéganlle a enerxía que necesita nesta etapa da súa vida. Noces, améndoas, abelás... todo nun mesmo cóctel, ao natural e sen sal.

Pirámide nutricional do perfil de Alimentación Infantil

> Interpretación de la pirámide nutricional

consejos

  • É importante que non haxa un intervalo de tempo moi grande entre as comidas.
  • O ideal é que transcorran entre 2 e 3 horas entre cada toma.

Un menú para cada etapa

En www.consumer.es atopas menús infantís semanais para todo o ano, con máis de 2.000 receitas infantís distintas para nenos de 4 a 12 anos.

5 anos

  • Almorzo:

    Leite de vaca con cereais de almorzo. Plátano.

  • Media mañá:

    1 boliño pequeno con aceite de oliva e xamón.

  • Comida:

    Lentellas con verduras e arroz. Tortilla francesa con ensalada. Rodelas de laranxa con amorodos. Pan e auga.

  • Merienda:

    Pan con aceite de oliva e queixo. Pera.

  • Cea:

    Feixóns verdes con patacas e aceite de oliva. Salmón á prancha con tomate aliñado. Iogur.

11 anos

  • Almorzo:

    Leite de vaca con cereais de almorzo. Torradas con queixo fresco e marmelada. Zume de laranxa.

  • Media mañá:

    Bocadillo de xamón con aceite de oliva. Mazá.

  • Comida:

    Garavanzos con espinacas. Sepia á prancha con ensalada. Mandarina. Pan e auga.

  • Merienda:

    Pan con tomate, queixo e aceite de oliva.

  • Cea:

    Sopa de fideos. Hamburguesa pequena á prancha con tomate ao forno. Pera. Pan e auga.

nena

O que necesitas para o seu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a froitería, chacinería, peixería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidade-prezo e supoñen un 20% de aforro respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, teñen cabida en promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • yogur con froitas

    Con froitas

    Están en plena etapa de crecemento e necesitan lácteos para fortalecer os seus ósos. Mellor de forma divertida, cos iogures de sabor e con froitas de EROSKI.

  • piña

    Rica, rica

    Engade aos teus pratos o sabor e aroma tirando a doce da piña. E non a deixes só para a sobremesa: é o complemento perfecto para as túas ensaladas.

  • ovo

    Ovo, o teu básico

    Rico en proteínas e de fácil dixestión, o ovo é un dos básicos da túa dieta. Os máis pequenos son os máis saborosos e nutritivos.

  • prato de verduras preparado EROSKI

    Fácil de preparar

    Aínda que non teñas moito tempo de cociñar, non renuncies a incluír a verdura no seu menú. Os pratos preparados EROSKI Listo! Están elaborados con ingredientes naturais e aceite de oliva.

  • Pasta con vexetais

    Pasta con vexetais

    fantís con vexetais fan que os teus pratos sexan máis atractivos.

  • |
  • surimi

    Proteína de mar

    Os paíños de surimi EROSKI son outro xeito alternativo de comer peixe. Achégalles proteínas, ideal para a súa etapa de crecemento.

  • pan

    Pan, o teu básico

    Podes dispoñer de pan acabado de facer en calquera momento para os seus bocadillos co Pan preenfornado EROSKI.

  • pistachos tostados

    Pistachos tostados

    A gama de froitos secos de EROSKI é variada, tamén inclúe produtos sen glute, como os pistachos torrados.

  • peitugas

    Peitugas

    A carne de ave é nutritiva, saborosa e moi fácil de dixerir. En EROSKI atópala en varios formatos: enteira, fileteada ou en envase 'aforro', listo para conxelar.

  • fresas

    Tingue de cor a súa sobremesa

    A base de froitas de vermellas: amorodos, framboesas, grosellas e mesmo cereixas.

Presenta as comidas de forma atractiva

Ademais de optar por unha dieta variada, presenta as receitas de forma atractiva. Guíate polas cores da froita, a verdura... seguro que os sorprenderás.

A comida, ademais de estar rica, debe parecelo. Para mellorar a aceptación dos diferentes alimentos é importante ter en conta o compoñente sensorial.

Por iso, aconsellámosche variar as formas de presentación e técnicas culinarias dos pratos potenciando as súas propiedades: cores, sabores, olores, texturas, tamaño, temperatura (ensaladas frías ou temperadas en verán e sopas quentes ou frías), etc.

O mellor é optar primeiro polas técnicas culinarias sinxelas que requiren pouca graxa: vapor, fervido, cocido, forno, prancha, refogados, etc.

nena

¿Que facer se non come?

  • Convén non forzar os nenos a comer, sexa de forma directa, baixo ameazas ou castigos, ou indirecta, mediante premios.
  • Procura non alongar o tempo das comidas.
  • O mellor é non dramatizar nin permitir chantaxes.
  • Déixalles manipular os alimentos.
  • Invítaos a participar na compra e na preparación da comida. Empeza primeiro con receitas sinxelas.
  • É importante a presentación: xoga coas formas e cores da froita e verdura.
Manuel Moñino

Manuel Moñino
Secretario Comité Científico de '5 al día'

O consumo de froitas e verduras é investir en saúde

O consumo diario de 5 racións entre froitas e hortalizas axuda a cubrir as necesidades nutricionais que esixe o crecemento e o desenvolvemento de nenos e mozos, ademais de achegar substancias protectoras fronte a enfermidades crónicas como a obesidade ou a diabete, entre outras. Son alimentos de baixa densidade enerxética e alto contido en nutrientes, por iso o seu consumo é un grande investimento para a saúde de todos, especialmente na idade escolar pois promove a adquisición de hábitos alimentarios saudables que melloran a calidade e esperanza de vida na idade adulta.

Alimentación completa

Dámosche consellos para que a súa alimentación se adapte ás súas necesidades diarias de nutrientes.

  • Procura unha alimentación variada e adaptada ao grao de actividade física.
  • Fomenta unha inxestión crecente de alimentos ricos en nutrientes: froita, vexetais, legumes, cereais integrais, froitos secos, peixes, moluscos e mariscos, carnes magras e lácteos desnatados.
  • Reduce o consumo de carne e embutidos ricos en graxa e alimentos ricos en azucre.
  • Utiliza aceite de oliva, tanto para aliñar como para cociñar.
  • Reduce a inxestión de sal e procura que sexa iodado. Reduce a inxestión de azucre. Fai que descubran o sabor real dos alimentos.
  • Cociña máis ao vapor, cocido, forno ou prancha, máis que frito.
  • Propicia o maior número de comidas na casa e en familia.
  • Anima a comer con fame e beber con sede e non por capricho, aburrimento, estrés ou imitación.
  • Non utilices a comida como vehículo de premios nin castigos.
  • Procura adquirir e ofrecer alimentos saudables en vez de alimentos ricos en graxas e azucres e pobres en nutrientes.
  • Comer sen distraccións, sen televisión
melocotones
  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.