Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

8 / Coida o teu corazón

Por un corazón san

muller Se te preguntaches como coidar o teu corazón e non sabes por onde empezar, dámosche algunhas claves.

Manter os niveis de colesterol bo, controlar a presión arterial e alcanzar un peso saudable son tres dos principais argumentos dun corazón san.

Desde revisar a túa alimentación ata a práctica de exercicio físico habitual poden axudarche.


Alimentación cardiosaudable

O principal beneficiario dunha alimentación cardiosaudable es ti.

A alimentación cardiosaudable é aquela que coida o corazón. Por iso, convén que revises os teus hábitos alimentarios, o teu corazón agradeceracho:

  • Reduce a inxestión de graxas.
  • Come 5 racións de froita e verdura. É importante tomar fibra, tamén a atopas en legumes, alimentos integrais...
  • Modera o consumo de sal.
  • Os produtos azucrados, mellor en pequenas doses.
  • Procura manterte no peso axeitado, reducirás a carga do teu corazón.
moza comprando
xamón cocido enteiro EROSKI

Chacinería baixa en sal

A chacinería baixa en sal de EROSKI axúdache a coidar a túa alimentación. Desde xamón cocido enteiro e en lascas ata pavo. Para que goces dunha dieta variada sen renunciares a ningún grupo de alimentos.

Alimentos ¿con ou sen sal?

¿Cando é demasiado? ¿Só conta o que lles engades ás comidas? Resolvemos algunhas das túas dúbidas máis frecuentes.

É unha das primeiras recomendacións para os que padecen do CORAZÓN ou simplemente queren previr doenzas cardíacas.

Reducir o consumo de sal é un hábito que pode axudar a mellorar a tensión arterial, o que nos leva a preguntarnos sobre a súa importancia na alimentación.

Agora ben, ¿canto é dabondo? Segundo os expertos, a cantidade diaria recomendada é 6 g (unha cullerada), unha dose que segundo as estatísticas é superada pola maioría dos adultos españois.

Agora ben, convén ter en conta que o sal que engades ás comidas non é o única que conta. Fíxate no semáforo nutricional de EROSKI para descubrilo.

Moitos dos produtos que adquires teñen sal procesado, aínda que no mercado a oferta de produtos baixos en sal cada vez é maior.

consellos

  • Consulta a etiquetaxe. Saberás canto sal conteñen os alimentos. Adoita aparecer como sodio, e nos alimentos precociñados resulta a cantidade por porción.
  • Elimina o sal das túas comidas de xeito progresivo, para que te vaias afacendo ao sabor. Intenta suplir o sal por herbas aromáticas e especias.
Petra Sanz

Petra Sanz
Doutora da Fundación Española do Corazón

Cardióloga Fundación Española del Corazón

O obxectivo de seguir unha alimentación cardiosaudable é evitar os principais factores de risco que producen enfermidades coronarias. O colesterol, a hipertensión, a diabete ou a obesidade son algúns destes factores. É importante evitar o tabaco, practicar exercicio e seguir unhas pautas alimentarias sinxelas, pero realmente eficaces. Levar unha dieta cardiosaudable non significa comer mellor. Simplemente debemos cambiar os nosos costumes de forma progresiva substituíndo, por exemplo, os bolos industriais por unha peza de froita e buscando que os nenos acepten mellor as verduras, en purés e ensaladas.

O colesterol bo

É unha substancia que se atopa de forma natural no corpo, pero convén vixiar os seus niveis para que non aumente.

Manter á raia o colesterol é un dos retos de moitos adultos. Pero entender que é realmente pode resultar complicado.

O colesterol é unha substancia que se atopa de xeito natural no noso organismo. O encargado de crealo é o fígado, e entre as súas funcións principais atópase a de producir vitamina D e algunhas hormonas.

O colesterol supón un problema cando aumenta o seu nivel en sangue. Pode ser provocado por tomar graxas saturadas, polo que para mantelo é necesario coidar moito a alimentación. Como acontece cos produtos sen sal, existen xa produtos que axudan a previr o seu aumento.

parella cocinando un ovo frito

Sigue a pirámide da alimentación

Se queres conseguir unha alimentación equilibrada, variada e adaptada ás túas necesidades sigue os consellos da pirámide da alimentación.

Entre os alimentos que teñen que estar presentes nunha alimentación saudable son:

  • Froitas e verduras. Son a principal fonte de vitaminas, minerais e fibra.
  • Legumes. Ademais de seren as proteínas máis económicas, son dieteticamente ricas en fibra, vitaminas, minerais.
  • Cereais e derivados integrais. Conteñen unha alta concentración de vitaminas, minerais, fitonutrientes e fibra.
  • Aceite de oliva. Tanto para cociñar por ser un aceite resistente ás temperaturas, como para aliñar pola súa alta proporción de graxas insaturadas beneficiosas.
  • Peixe azul,, é rico en ácidos graxos omega 3.
  • Froitos secos. Son ricos en graxas saudables, fibra e proteínas.

sabías que...

  • As racións recomendadas son:
    Pan, cereais integrais, arroz, pasta, patacas (4-6 día); froitas (3 día); verduras e hortalizas (2 día); aceite de oliva (3-6 culleradas/ día); leite, iogur e queixo (2-4 día); froitos secos (3-7 semana); legumes (2-4 semana); ovos (3-4 semana); carnes magras (3-4 semana); peixes e mariscos (3-4 semana).
  • Ocasionalmente:
    Graxas (margarina e manteiga); doces, bolería, caramelos, pasteis; bebidas refrescantes, xeados; carnes graxas e embutidos”.
Pirámide nutricional do perfil Coida o teu corazón

> Interpretación de pirámide nutricional

As vantaxes de practicar exercicio físico regular

Acompañado dunha dieta sa, a práctica de actividade física regular axuda ao noso corazón a estar máis forte.

Xunto coa alimentación equilibrada, o exercicio físico é unha das principais recomendacións para, entre outros beneficios, controlar a presión arterial. Practicar deporte axuda ao noso corazón a bombear e mellora a circulación.

Abonda con incluílo como un hábito máis do noso estilo de vida: camiñar, montar en bici, nadar, bailar, subir ao monte as fins de semana ou correr 20 minutos son actividades que están ao alcance de todos e que evitan as consecuencias do sedentarismo.

Os expertos recomendan practicar exercicio físico de xeito regular (5 días á semana durante media hora). Se cres que non tes tempo, non esquezas que o exercicio físico axuda tamén a combater o estrés.

montañero
iogur Bio EROSKI

Fermento lácteo

Este iogur vén con esterois vexetais engadidos, que, sumados a hábitos de vida saudable, che axudan a previr o colesterol.

Decálogo cardio saudable

Se o segues, estarás a contribuír á saúde do teu corazón.

  • Practica unha alimentación equilibrada e rica en verduras, froitas, cereais, legumes, peixe e aceite de oliva.
  • Fai exercicio de forma regular. Evita o sedentarismo cunha vida activa en contacto coa natureza.
  • Deixa de fumar. Os fumadores teñen tres veces máis risco de sufrir un accidente cardiovascular.
  • Vixía a tensión arterial e o teu colesterol. Coñece cales son os teus niveis.
  • Non descoides os niveis de glicosa.A diabete é un dos factores que hai que previr.
  • Mantén o peso axeitado. Evita o sobrepeso e a obesidade (de situarse no abdome é especialmente perigosa para o teu corazón). Combátense con alimentación equilibrada, exercicio físico e unha vida activa.
  • A partir dos 45, cumpre coas túas revisións para coñecer a túa situación cardiolóxica.
  • Se es muller, lembra que hai tres momentos nos que poñer atención na saúde do corazón: a toma de anticonceptivos, o embarazo e a menopausa.
  • Toma as rendas da túa saúde. O benestar do teu corazón está nas túas mans. Sigue as indicacións do teu médico.
señora comprando froita no super

O que necesitas para o teu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidade-prezo e supoñen un aforro de máis dun 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, aproveita as súas promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • Conserva de Espárragos Verdes EROSKI

    Vexetal e en conserva

    Calidade e receita tradicional nun. A gama de vexetais en conserva de EROSKI é unha solución rápida e saudable na cociña. Axúdanche a coidar a túa alimentación.

  • Pasta EROSKI

    Tot per la pasta

    Descobreix les últimes formes de pasta EROSKI SeleQtia: espaguetis al nero di seppia, pennoni, gigli tricolore, nius, etc., per fer plats sorprenents i molt saludables

  • Caixa de galletas sen sal

    Sen sal

    EROSKI dispón dunha ampla gama de galletas que se adaptan ás túas necesidades, como as ‘Sen sal’.

  • Aceite suave EROSKI

    Moi suave

    Sácalle partido ao produto estrela da Dieta Mediterránea. Coida a túa alimentación co aceite de oliva ‘suave’.

  • coello

    Carne de coello

    O coello, como o polo ou o pavo son carnes con moi pouca graxa. Telos tamén preparados xa en distintos despezamentos

  • |
  • Bolsa de froitos secos EROSKI

    Doses de enerxía e sabor

    Reponte do esforzo físico cos nutrientes que che proporcionan os froitos secos. Noces, pistachos, millo, cacahuetes... ou todos xuntos en formato ‘mix’. Dispoñibles na túa tenda EROSKI.

  • Bol de cereixa

    Con óso

    A cereixa é unha das froitas que máis minerais contén e enerxía nos achega. Aprovéitate dos seus nutrientes e do resto de froitas con óso de que dispós en EROSKI.

  • Barra de pan

    Cada día

    O pan é un básico na túa alimentación diaria e axúdache a equilibrala. Achégache vitaminas, hidratos de carbono e fibra, entre outros. En EROSKI tes, ademais, unha opción ‘sen sal’.

  • queixo de vaca e é light

    Moi light

    É queixo de vaca e é light, con escasa graxa. Vén en lascas polo que é fácil de utilizar, de degustar.

  • Aceitunas rellenas de anchoa EROSKI

    ¡80% menos de sal!

    Este formato ten un 80% menos de sal, para que as poidas seguir gozando na túa dieta. A gama complétase con: verdes, negras, con óso, recheas de anchoa...

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.