Saltar navegación e ir al contenido
Desde marzo, ofrecémosche distintas alternativa de bolsas porque, dentro do noso compromiso co medio natural, retiraremos progresivamente das nosas tendas as bolsas de plástico gratuítas.
Bolsa de rafia
Fácil de pregar e resistente. Fabricada con material plástico 100% reciclable e pensada para reutilizala unhas 50 veces. Cando queda inutilizada cambiámoscha gratuitamente por unha nova.
Carro
A opción máis ergonómica e cómoda para transportares a túa compra andando.
Bolsa isotérmica
A mellor alternativa para compras de conxelados e de produtos refrixerados porque axuda a manter a cadea de frío. Tambén é unha boa opción para transportares as compras de peixería e doutros frescos de modo illado.
Bolsa de plástico desbotable dun uso
Veñen moi ben para compras non previstas ou para cando se che esquecen as bolsas reutilizables.
Bolsa de plástico reutilizable de 15 usos
É unha alternativa complementaria e manexable (por tamaño e porque ocupa menos espazo dobrada) á bolsa reutilizable de rafia.
Hoxe 1 de cada 4 consumidores decidiu reutilizar as súas bolsas en EROSKI, e ti?
Con Edurne xa somos 7.500.000 de persoas os que decidimos reutiliza-las bolsas e apostar polo dobre aforro.
por cada bolsa de plástico que non empregues
por cada bolsa de plástico que non uses