Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Descarga gratis o programa:
Pásao ben creando e maquetando o teu álbum ou calquera outro produto e fai o teu pedido.
Poderás elixir se o queres recibir na casa (sen custo extra) ou no Hipermercado EROSKI que escollas.
Grazas á colaboración de EROSKI co fabricante lider en álbums dixitais Hofmann agora podes elaborar o teu propio álbum dixital coas túas fotos preferidas.
Descarga o programa gratuíto e en poucos minutos poderás deseñar o teu álbum comodamente dende o teu ordenador.
O programa de maquetación permitirache, sen te moveres da casa, engadir textos, retocar as túas imaxes, poñer fondos divertidos... Todo moi doado e cun resultado que te deixará abraiado.
As túas lembranzas quedarán impresas nun álbum dixital e poderás compartilas cos teus seres queridos.
Telo en varias calidades e tamaños, por un prezo moi razoable, dende 26 euros. Proba tamén a pór as túas fotos en pósters, cuncas ou calendarios.
En caso de non quedares satisfeito cos produtos Hofmann, pode contactar co enderezo de correo electrónico albumdigital@hofmann.es no que atenderán todo tipo de incidencias. Hofmann garante a devolución integra dos cartos ao devolveres o artigo