Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Saúde & Benestar

Colaboramos con expertos e clientes

Trabajamos estrechamente con expertos en la materia y con nuestros clientes, para conocer sus opiniones e incorporar sus aportaciones a la actividad de EROSKI.

II Encontro de Saúde e Nutrición

Produtos EROSKI, sen graxas trans
Somos a única empresa de distribución española que eliminou as graxas trans procedentes de aceites vexetais parcialmente hidroxenados de todos os nosos produtos de marca propia. Este éxito é o froito de varios anos de traballo conxunto da área de Calidade e do noso amplo grupo de provedores.
Queres saber como retiramos as graxas trans dos nosos produtos?

En colaboración co Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, desde EROSKI celebramos o II Encontro Saúde e Nutrición. A segunda edición deste evento, que tivo lugar en setembro do 2011, deu reunido a expertos de alto nivel dentro deste eido para debater sobre as graxas trans e os seus efectos nocivos para a saúde, xa que estes compoñentes se relacionan directamente coa saúde cardiovascular e a OMS recomendou reducir o seu uso na alimentación.

O evento contou coa participación de, entre outros, Ascensión Marcos, profesora de investigación do CSIC; o doutor Francisco José García Muriana, do Instituto da Graxa do CSIC; o profesor Andreu Palou, ex vicepresidente do Panel Científico de Nutrición da EFSA; ou o doutor Leandro Plaza, presidente da Fundación Española do Corazón.

A xornada clausurouna Juan Manuel Ballesteros, vogal asesor da Estratexia NAOS da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). Ballesteros afirmou que "o Ministerio de Sanidade optou pola voluntariedade" á hora de lexislar sobre as graxas procedentes de aceites vexetais parcialmente hidroxenados e felicitou a EROSKI "polo esforzo realizado para retirar as graxas trans de todos os seus produtos de marca propia".

Queres saber máis sobre o II Encontro Saúde e Nutrición organizado por EROSKI?

I Encontro de Saúde e Nutrición

O semáforo nutricional de EROSKI
De maneira pioneira, en EROSKI incluímos a nosa propia etiquetaxe nutricional desde o 2007 nos produtos de marca propia. Esta etiquetaxe está baseado no semáforo nutricional, un sistema de cores que, dunha soa ollada, nos indica a cantidade de nutrientes de cada ración de produto.
Queres saber como che pode axudar o semáforo nutricional de EROSKI?

Desde EROSKI, organizamos en outubro do 2009 a primeira edición do Encontro de Saúde e Nutrición co obxectivo de reunir a expertos de alto nivel dentro deste eido e establecer un foro de debate aberto sobre temas relacionados coa alimentación e o benestar. O tema central deste primeiro encontro foi a influencia que a etiquetaxe nutricional ten sobre o consumidor á hora de elixir os produtos que compoñen a súa cesta da compra e fomentar unha alimentación sa e equilibrada.

O I Encontro de Saúde e Nutrición, que tivo lugar na sede do CSIC en Madrid, inaugurouno o presidente da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), Roberto Sabrido.

O evento contou coa participación do doutor Stefan Storcksdieck, do Consello Europeo de Información sobre a Alimentación. Storcksdieck explicou en que consiste o proxecto FLABEL, que pretendía avaliar todos os aspectos implicados na etiquetaxe nutricional.

Tamén interviñeron os profesores Ascensión Marcos, do Grupo de Inmunonutrición do Departamento de Metabolismo e Nutrición do Instituto do Frío do CSIC, e Jordi Salas, catedrático da Universidade Rovira i Virgili. A jornada clausurouna o director do Instituto de Nutrición e Trastornos Alimentarios (INUTCAM), Agustín Rivero Cuadrado.

Queres saber máis sobre o I Encontro de Saúde e Nutrición organizado por EROSKI?

Focos de Consumidores

Dende sempre, EROSKI demostrou con feitos ser unha empresa con clara vocación cara á escoita e a participación dos consumidores.

Como mostra desa intención xurdiron os Focos de Consumidores: sesións de participación abertas a todo o público. Nos Focos os consumidores propoñen, estudan e debaten as súas preocupacións, achegas e suxestións, sobre todo as que os afectan na súa relación con EROSKI.

O noso compromiso e coherencia cos Focos é total e permite achegas reais aos nosos clientes. Velaquí algúns exemplos:

  • Foco de marzo do 2007: pedíronnos alimentos máis sans e retiramos as graxas trans dos nosos alimentos.
  • Foco de xuño do 2007: pedíronnos incluírmos máis información sobre os alimentos e lanzamos o semáforo nutricional.
  • Foco de maio do 2008: pedíronnos que lle désemos solución ao problema das bolsas de plástico e lanzamos as bolsas reutilizables.

Observatorio EROSKI Nutrición e Benestar

Red de instituciones y especialistas dedicados al estudio y promoción de hábitos de alimentación saludable.

Foi creado no 2005 como un foro no que as principais organizacións nacionais vinculadas ao benestar, á alimentación e á nutrición puidesen ter a súa voz. A opinión destes expertos guíanos para identificar problemas e aválanos á hora de lles dar unha solución.

Da estreita colaboración entre o Observatorio e EROSKI naceron propostas como a da campaña para a prevención da obesidade infantil ou o indicador de fogares saudables no que se avaliaron os hábitos alimenticios de 1.600 familias españolas.

As entidades que participan no Observatorio EROSKI Nutrición e Benestar son:

  • Fundación Dieta Mediterránea (FDM)
  • Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas (AEDN)
  • Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA)
  • Asociación "5 ao día"
  • Fundación Española do Corazón (FEC)
  • Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas Óseas (FHOEMO)
  • Asociación Española para o Estudo dos Trastornos da Alimentación (AEETCA)
  • Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE)

Se che interesa o tema, podes descargar o Informe do Observatorio