Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Editada pola Fundación EROSKI, esta revista é líder en información ao consumidor. A alimentación e a nutrición son un dos principais eixes de EROSKI CONSUMER, tanto na súa versión impresa como na dixital.
Nesta revista podes poden atopar:
España converteuse no segundo país con maior número de nenos con sobrepeso da Unión Europea. Este é un dato alarmante que non deixa indiferente a EROSKI. Por proposta do Observatorio EROSKi Contigo, deseñamos unha campaña global de prevención da obesidade infantil.
O seu obxectivo é informar e concienciar sobre a necesidade de que os nosos cativos se alimenten dun xeito san e equilibrado, e á vez fomentar que practiquen exercicio físico.
Dende que botou a andar esta campaña máis dun millón de persoas -entre pais, nais, nenos, educadores...- tomaron parte nela e recibiron información para frear o avance da obesidade infantil.
Queres máis información sobre a obesidade infantil?
Comes ben? Sabes que alimentos son os máis axeitados para ti?
A educación nutricional, uns hábitos de alimentación saudables e a práctica de actividade física constitúen os piares para mellorarmos o noso benestar.
Podes contactar cos nosos nutricionistas enviando un email a nutricionista@eroski.es
Nutrición e benestar: comes ben?
recoñecementos ao noso labor