1. Responsable do tratamento
EROSKI, S. COOP. (en adiante, EROSKI) _Barrio San Agustín, s/n. 48230 Elorrio, Bizkaia
Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: dpo@eroski.es
2. Que datos tratamos e durante canto tempo?
(i) os datos de carácter persoal facilitados con ocasión do rexistro, en xeral; identificativos, características persoais, e de contacto electrónico, en particular;
(ii) Os datos autorizados no caso de rexistro por medio do login de redes sociais;
(iii) datos derivados da relación comercial con EROSKI, isto é, os procedentes do uso dos distintos Servizos;
(iv) no seu caso, aqueles que se faciliten no proceso de compra ou contratación, en xeral; os obtidos polo uso da tarxeta (medio de pagamento e/ou fidelización), así como as compras asociadas á mesma e datos para efectuar/ autorizar o pagamento e facturar os produtos e servizos, en particular;
(v) os resultantes de procesos informáticos (hábitos de navegación ou uso do MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL), Enderezo IP e información recompilada a través de cookies, etiquetas de píxel e outras tecnoloxías;
(vi) aqueles que EROSKI poida inferir a partir de datos licitamente obtidos.
EROSKI tratará e almacenará os datos mentres o usuario estea activo no MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL e sexa cliente, así como durante o prazo de prescrición de obrigas legais, que puidesen nacer de posibles responsabilidades vinculadas ao tratamento dos datos de cliente
3. En que consente o Usuario cando facilita os seus datos?
EROSKI, propietaria do medio e/ou contorna dixital, almacenará nun ficheiro os datos de carácter persoal necesarios, enumerados no apartado precedente, coa finalidade de:
(i) Prestar o servizo demandado polo usuario e que ofrece o MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL, o seu mantemento e mellora, a base de estudos, elaboración de perfís, segmentacións sobre os seus datos e/ou cruces con outros ficheiros responsabilidade de EROSKI.
(ii) Ofrecer promocións ligadas á condición de Cliente, a través de medios de comunicación electrónica ou non, referentes a produtos ou servizos do sector onde esta desenvolve a súa actividade (fidelización, alimentación, fogar, téxtil, seguros, préstamos, ópticas, inmobiliaria, telecomunicacións, tecnoloxía, informática, carburantes, consumo, deporte, ocio, tempo libre, turismo, estética, perfumaría e medios de pagamento)
O usuario pode opoñerse ao tratamento dos seus datos con fins promocionais e á recepción deste tipo de envíos, no proceso de rexistro ou nun momento posterior, seguindo o procedemento para o exercicio de dereitos descrito no apartado 4.
(iii) Facilitar o proceso de alta no MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL, a través de distintas canles. EROSKI, para efectuar o rexistro poderá desenvolver un proceso que permita aproveitar os datos xa existentes do Usuario noutros ficheiros de EROSKI e que resulten útiles para efectuar a alta; nese caso, informarase debidamente ao Usuario, para obter o seu consentimento.
4. Pode o usuario opoñerse a recibir comunicacións comerciais ou ao tratamento con fins promocionais?
O Usuario pode opoñerse en calquera momento a recibir comunicacións e ao tratamento dos seus datos para fins comerciais e promocionais, contactándonos a través de dpo@eroski.es; facendo clic na ligazón de baixa de cada unha das comunicacións que reciba; accedendo, en calquera momento, á súa ficha de rexistro premendo en “Os meus datos” onde poderá modificar o criterio seleccionado; contactando co Servizo de Atención ao Cliente (944 943 444) https://www.eroski.es/contacto ou por escrito ao Equipo DPO de EROSKI S. COOP. Bº San Agustin s/n- 48230 Elorrio (Bizkaia).
5. Os datos son comunicados a terceiros?
a. Administración Pública, Xulgados e Tribunais
Se as autoridades gubernamentais, tales como os corpos de seguridade do estado, Xuíces e/ou Tribunais, solicitan ou requiren información ou se é necesario presentala para cumprir algunha Lei, EROSKI comunicaralles aos devanditos terceiros os datos que estes formalmente soliciten.
b. Activación do tícket dixital
Ao activar, no seu caso, o servizo de tícket dixital, mediante a marcación do botón correspondente, o Titular da Tarxeta Eroski Club consentirá a EROSKI que o tícket de compra estea vinculado ao seu número de socio Titular, por conseguinte, todos os tíckets das compras realizadas co seu EROSKI Club serán accesibles no medio e/ou contorna dixital elixido e poderán ser consultados indistintamente tanto polo Socio como polos Usuarios das súas tarxetas adicionais asociadas á súa conta de titular tarxeta EROSKI Club.
6. Como pode o cliente exercer os seus dereitos de revogación, acceso, supresión, oposición, rectificación, limitación, portabilidade?
Todo cliente poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, revogar o seu consentimento, opoñerse ao seu tratamento, limitar o mesmo e/ou solicitar a portabilidade dos seus datos, a través de dpo@eroski.es; contactando co Servizo de Atención ao Cliente (944 943 444) https://www.eroski.es/contacto ou por escrito ao Equipo DPO de EROSKI S. COOP. Bº San Agustin s/n- 48230 Elorrio (Bizkaia).
7. Medidas de Seguridade e Confidencialidade da información
EROSKI adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que o cliente facilite, velando así pola súa integridade, dispoñibilidade e confidencialidade.
8. Política de Cookies
EROSKI utiliza cookies. Toda a información ao respecto na Política de Cookies.
9. Cambios na Política de Privacidade
EROSKI cumpre escrupulosamente coas leis aplicables á protección de datos e a privacidade dos usuarios. Para iso, resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, as condicións da presente Política de protección de datos para adecuala a calquera cambio normativo ou a calquera modificación na presentación e configuración do Portal.
Laster eroskiren web berria euskaraz eskuragarri izango duzu, horrela eduki guztietaz zure hizkuntzan gozatu ahal izango duzu
Barkatu eragozpenak