Acelgas con patacas

  • Primer plato
  • 1194 visitas
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Acelgas con patacas

Descargar

kcal
134 7%
Azúcares
2,1g 2%
Grasas
8g 11%
Grasas saturadas
1,1g 6%
Sal
0,5g 8%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Separamos as follas dos talos das acelgas, pelamos a parte con fíos dos talos e cortamos en xuliana (en tiras finas) canda as follas das acelgas lavadas. Nunha pota con auga e sal dámoslles unha cocción de 15 minutos. Despois escorrémolas e reservámolas. Pelamos as patacas e as cenorias e cortámolas en dados duns 5 centímetros. Pelamos o allo e fileteámolo. Cocemos as patacas e a cenoria nunha pota, cubertas de auga, cun chisco de sal e un chorriño de aceite. Na tixola, con catro culleres de aceite de oliva, douramos os dentes de allo fileteados. Cando estean dourados, engadímoslles as acelgas escorridas e refogamos todo xunto. Engadimos as patacas e as cenorias cocidas e escorridas e mollamos todo cun pouco do caldo da cocción das acelgas. Pomos a punto de sal e servimos. .
A acelga é unha verdura cun destacado contido en betacarotenos, o gran antioxidante. É un alimento moi completo; contén potasio, magnesio, ferro e iodo. É rica en vitaminas A, C, E e K e o contido calórico é realmente baixo. Canda a pataca favorece a acción diurética do organismo. A pataca achégalle ao prato enerxía; é un hidrato de carbono que ademais engade potasio, vitamina C e máis antioxidantes, igual ca a cenoria, un potente nutriente cun salientable efecto antioxidante. Daquela é unha receita idónea, sa e moi nutritiva.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de acelgas frescas
  2. 200 g de pataca
  3. 1 cenoria
  4. 2 dientes de allo
  5. 40 ml de aceite de oliva virxe
  6. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/