Tortilla con arroz integral

  • Segon plat
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
De 30 minuts a 1 hora
Tortilla con arroz integral

Descargar

kcal
376 19%
Azúcares
1,8g 2%
Grasas
18g 26%
Grasas saturadas
4g 20%
Sal
0,5g 9%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Unha hora antes remollamos o arroz integral en auga fría. A lume manso, nunha cazola baixa refogamos con aceite de oliva a cebola e os pementos cortados á brounoise (cadriños miúdos). Lavamos lixeiramente o arroz integral, escorrémolo e engadímosllo á cazola, remexendo decote para que se torre o arroz sen pegarse á cebola e aos pementos. Engadímoslle a auga ao arroz integral e deixamos que ferva durante cinco minutos. Pasado este tempo baixamos o lume ao mínimo, poñemos a punto de sal e tapamos a cazola sen remexer, ata que o arroz integral absorba toda a auga e estea tenro, aproximadamente uns 25 minutos. A continuación quecemos un pouco aceite nunha tixola pequena e facemos as catro tortillas redondas, meténdolle o recheo de arroz no centro de cada unha. Enrolamos as tortillas e deixámolas temperar antes de cortalas. Presentamos en pequenos roliños.
Esta receita inclúe unha orixinal combinación de tortilla con arroz e a peculiar presentación en forma de roliños. O ovo é un alimento moi nutritivo, que destaca pola excelente calidade da súa proteína. Así mesmo, achega graxas, lecitina, colesterol, vitaminas A e D, vitaminas do grupo B e minerais como o ferro. Neste caso, a tortilla reenchémola con arroz, un alimento enerxético, rico en hidratos de carbono e libre de graxas, que constitúe ademais unha das bases da dieta mediterránea. O arroz que empregamos nesta elaboración é integral, polo que contén unha maior achega de fibra e fai que diminúa o seu efecto adstrinxente. O refogado de cebola e pementos con que se prepara confírelle un toque de sabor moi agradable a esta receita tan sinxela de elaborar.

Ingredientes (4 personas)

  1. 6 ovos
  2. 200 g de arroz integral
  3. 45 g de pemento vermello
  4. 25 g de pemento verde
  5. 40 g de cebola
  6. 40 ml de aceite de oliva
  7. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/