Tempura de verduras con mel

  • Primer plato
  • 1939 visitas
Dificultad
Dificultad alta
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Tempura de verduras con mel

Descargar

kcal
292 15%
Azúcares
18 20%
Grasas
1,2 2%
Grasas saturadas
0,2 1%
Sal
1 11%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Coa axuda dun pelador partimos as cenorias en tiras e logo cocémolas brevemente en auga fervendo con sal, ata que estean al dente (cocidas pero lixeiramente crúas por dentro); finalmente, escorrémolas nun coador pasándoas pola billa da auga fría e reservámolas. Por separado, cada unha na súa cazola, cocemos o resto das verduras con auga salgada a ferver, ata deixalas al dente. Escorrémolas como fixemos coa cenoria e reservamos tamén. Colocamos a fariña nun amplo recipiente con auga moi fría e formamos unha crema homoxénea. Pasamos a clara de ovo por un batedor eléctrico. Mesturamos con coidado a clara e o engrudo de auga con fariña e poñemos a punto de sal. Na mestura resultante introducimos as cenorias, o brócoli, a cabaciña e os feixóns verdes. Facemos moreíñas pequenas e friximos de poucas en poucas verduras, nun cazo con aceite de oliva quente. Necesitamos que o cazo teña profundidade para facer unha fritada, como se fose unha frixideira pero en pequeno. Unha vez frixidas estas moreíñas de verduras, sacámolas a unha bandexa con papel de cociña, para que elimine o exceso de aceite da fritada. Servimos chantadas en pequenos espetos, acompañadas dun prebe agridoce de mel. Para elaborar este prebe mesturamos nun bol a mostaza antiga, mel, ketchup, oito gramos de prebe de soia e sal afumado, remexemos e formamos un aderezo untuoso, ideal para un entrante de picar.
Usando cenoria, brócoli, cabaciña e feixóns verdes, esta receita supón unha importante dose de vitaminas e minerais. É fonte de calcio, fibra, potasio, iodo, zinc, magnesio, fósforo e vitaminas A, C, E, B7, B9, B3 e K. Son vexetais baixos en sodio, con poucas calorías e case sen graxa. Prepárase con prebe agridoce de mel, un alimento moi rico en carbohidratos e excelente fonte de nutrientes como potasio, iodo, zinc, magnesio, fósforo e vitaminas B9, C e K. Cómpre ter en conta así e todo que se frixe e que se lle engaden prebes como o de soia, ketchup ou mostaza. É unha receita algo graxa e un pouco calórica, polo que debe consumirse con tino.

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de cenoria
  2. 200 g de brócoli
  3. 100 g de cabaciña
  4. 200 g de feixóns verdes
  5. Para a tempura:
  6. 200 g de fariña
  7. 200 g de auga moi fría
  8. 1 clara de ovo
  9. Unhas follas de pirixel
  10. 2 g de sal
  11. Para o prebe agridoce de mel:
  12. 50 g de mel de multiflores
  13. 10 g de mostaza de calidade
  14. 40 g de ketchup
  15. 5 g de prebe de soia
  16. 2 g de sal afumado

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/