Fabas con bacallau

  • 0 View bisita
Zailtasuna
Zailtasun ertaina
Denbora
1 eta 2 ordu bitartean
Fabas con bacallau

Descargar

kcal
184 9%
Azukreak
2,4g 3%
Koipeak
6,2g 9%
Koipeak saturatuak
1g 5%
Gatza
1g 12%
1/5 izar. 1 baloraziotan oinarrituta

Prestaketa

Nunha cazola cunhas culleradas de aceite de oliva e a temperatura moderada rustrimos a ceboliña e mais o allo, ambos cortados finamente. Cando a ceboliña estea dourada engadimos as fabas debulladas, as cenorias peladas e cortadas en dadiños e a pataca estonada e cortada en cubos regulares. Remexemos o rustrido coas verduras para que se impregne do aroma da ceboliña e do allo, engadimos as culleradas de salsa de tomate caseira e poñemos auga xusto ata cubrir o guiso. Deixamos que coza o guiso de fabas a lume manso durante 30 minutos e, unha vez que estean tenras as fabas, sacámolas do lume. Agregamos uns anaquiños de bacallau desalgado, tapamos a cazola e deixamos que se cociñe o peixe fóra do lume, só coa calor que desprende o guiso de fabas. Despois de cinco minutos de repouso, probamos o punto de sal, botámoslle un pouco de pirixel picado e dámoslle outro repouso de 10 minutos antes de servir.
As fabas son un alimento cun destacado contido en vitamina B9. Tamén conteñen ferro, calcio, fósforo, fibra, potasio, iodo, magnesio, sodio e vitaminas A, B3, C e K. Son fonte de hidratos de carbono e proteínas de elevado valor biolóxico. Nesta receita prepáranse con bacallau, un peixe branco rico en iodo, ademais de ferro, calcio, magnesio, sodio, fósforo e vitaminas A, B3, B7, B9, B12, C e E. Ao lle engadir cenoria súmanse importantes cantidades de vitamina A, hidratos de carbono, ferro, calcio, iodo, potasio e vitaminas B9, C e K. A pataca supón unha importante achega enerxética, así como calcio, ferro, fibra, iodo, zinc, hidratos de carbono, magnesio, sodio e vitaminas B3, B9, C e K. A salsa de tomate suma cantidades de ferro, calcio, fibra, potasio e vitaminas A, B3, C e B9. É unha receita cun contido elevado en sal, algo que deben ter en conta aqueles consumidores con niveis elevados de tensión arterial, aínda que é baixa en graxa e pouco calórica.  

Osagaiak (4 pertsonak)

  1. 300 g de fabas frescas debulladas
  2. 200 g de bacallau desalgado
  3. 50 g de cenoria
  4. 50 g de ceboliña fresca
  5. 2 dentes de allo
  6. 100 g de patacas
  7. 40 g de salsa de tomate caseira
  8. 30 ml de aceite de oliva
  9. Unhas follas de pirixel
  10. Un chisco de sal

sReceta online en: