Receita de pementos do piquillo reenchidos de atún

  • 0 View bisita
Zailtasuna
Zailtasun ertaina
Denbora
30 minututik ordubetera
Receita de pementos do piquillo reenchidos de atún

Descargar

kcal
230 12%
Azukreak
7,3g 8%
Koipeak
14g 20%
Koipeak saturatuak
1,9g 9%
Gatza
0,2g 4%
1/5 izar. 1 baloraziotan oinarrituta

Prestaketa

Cortamos a cebola e o pemento á brounoise (cadradiños moi miúdos). Picamos o allo moi fino e poñémolo nunha tixola cunha cantidade de aceite que cubra o fondo. Cociñamos o allo lixeiramente durante dous minutos. Incorporamos a cebola e o pemento, remexendo e deixando cociñar lentamente durante 15-20 minutos (ata que as verduras estean brandiñas). Incorporamos o bonito das latas un pouco escorrido, e cociñamos coa mestura anterior durante un minuto. Sacamos do lume e poñemos sobre un escoadoiro para eliminar todo o aceite. Tras facelo, xuntamos esta mestura con catro culleradas de salsa de tomate caseira e dúas porcións de queixiños, e mesturamos ata formar unha masa cremosa coa que reenchemos os pementos. Vertemos enriba salsa de tomate (na cal trituraramos antes dous pementos do bote de piquillos) e enfornamos a 200ºC durante cinco minutos. Sacamos do forno, deixamos amornar e servimos en compaña da salsa quente.
Os pementos son unha boa fonte de vitaminas C e B6, mais destacan polo contido en betacaroteno, vitaminas do grupo B2 e vitamina E; tamén posúen unha gran cantidade de licopeno e pola contra son baixos en graxas e calorías. Neste caso reenchémolos con atún, o que mellora o contido en proteínas e achega calcio, vitaminas A, B e D e ácidos omega 3. É un prato saudable, cunha notable achega de ácidos graxos omega 3, e tamén é unha receita que se serve quente, o que a fai ideal para os meses máis fríos.

Osagaiak (4 pertsonak)

  1. 250 g de pemento vermello do piquillo
  2. 75 g de cebola
  3. 1 pemento verde
  4. 1 dente de allo
  5. 150 g de atún en aceite
  6. 250 g de salsa de tomate
  7. 2 queixiños en porcións
  8. 10 ml de aceite de oliva

sReceta online en: