Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


EROSKI adoptou o firme compromiso de facer dos seus sitios-web un punto de encontro para a maior cantidade de persoas posible, sen que ninguén quede excluído. E iso implica que as nosas webs están preparados especificamente para que lles resulte máis sinxelo navegar por elas ás persoas con algún tipo de minusvalidez.

Compatibilidade con estándares

O noso sitio web está en continua evolución, e estamos a traballar seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/WAI/), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos webs accesibles para todos.

* XHTML 1.1 (en desenvolvemento)

* CSS (en desenvolvemento)

* WAI-AAA (en desenvolvemento)

Por mor desta continua evolución, aínda non todas as nosas webs cumpren ao 100% cos anteriores estándares, aínda que as máis delas si o fan.

Deseño elástico

Modificouse a maquetación da web para que o usuario poida adaptar non só o texto, senón a web completa ao tamaño desexado. Se desexas aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, pódelo facer:

* usando un rato con roda: premendo na tecla ctrl e movendo a rodiña do rato cara a diante e cara a atrás.

* mediante o teclado:

ou tecla ctrl + tecla '+' para aumentar

ou tecla ctrl + tecla '-' para diminuír

* a través do menú do teu navegador: 'ver' > 'tamaño do texto'.

Enlaces

A maioría dos enlaces que non levan un texto que describa completamente o destino teñen atributos title cunha aclaración.

De ser posible, os enlaces escríbense de xeito que teñan sentido fóra de contexto. Algúns navegadores (tales como JAWS, Home Page Reader, Lynx e Opera) poden extraer a lista de enlaces da páxina actual e permítenlle ao usuario navegar dende esta lista. Tendo isto en conta, os enlaces non están duplicados e, de o estaren, é porque acceden ao mesmo contido.

Non hai pseudoenlaces javascript: todos os enlaces poden seguirse en calquera navegador, mesmo se javascript está deshabilitado.


Tamén en EROSKI.es

Eroski NATUR
Eroski basic
Supermercados e Hipercercados EROSKI