Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Apaga o gasto, acende o aforro

Algúns consellos que che resultarán moi útiles

Aforrar enerxía non só é bo para os nosos petos senón ara facer un mundo máis sostible. A eficacia enerxética ermítenos gozar do mesmo confort cun consumo menor.

De feito, as familias somos responsables do 30% do consumo total da enerxía do país (o 18% corresponde a sos domésticos e o outro 12% á utilización do coche).

Esta campaña que che presentamos xorde precisamente da demanda dos consumidores, os cales, a través dos últimos Focos de Consumidores sobre ambiente, nos solicitaron máis información para axudarlles a aforrar enerxía no seu día a día.

Nesta Guía para Aforrar Enerxía no Fogar atoparás recomendacións avaladas polo INEGA e o IDAE, entidade dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Fíxate na etiqueta

Á hora de adquirir un novo electrodoméstico recoméndase elixir SEMPRE aparatos de clase A, A+ ou A++.

Os electrodomésticos de gama branca, os fornos eléctricos, o aire acondicionado e as fontes de luz son equipamentos de uso común nas nosas vivendas que están obrigados a mostrar a denominada etiqueta enerxética, unha ferramenta informativa de gran valor para o consumidor.

As etiquetas teñen unha parte común, que fai referencia á marca, á denominación do aparato e á clase de eficiencia enerxética, e outra sobre as características do electrodoméstico

Existen 7 clases de eficiencia, identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A para os máis eficientes ata a vermella e o G, para os menos. Á hora de adquirir un modelo novo, recoméndase elixir aparatos de clase A, A+ ou A++, xa que para restacións similares, o consumo de enerxía pode ser case tres veces maior en electrodomésticos de clase G que nos de A. Un exemplo: cun frigorífico A+ podemos aforrar ata 400 euros ao ano na factura enerxética e deixar de emitir 2,2 toneladas de CO2 á atmosfera durante a súa vida útil.

A cociña

É a estancia onde se concentra o maior gasto enerxético do fogar. Só o frigorífico consome case o 18% da electricidade.

Practicamente a totalidade das vivendas dispón de frigorífico e de lavadora. A lavadora é, despois do frigorífico e do televisor, o electrodoméstico que máis enerxía consome. De media, utilízase entre 3 e 5 veces á semana.

Ademais, a cuarta parte dos fogares dispón de lavalouza. Este electrodoméstico arrastra o mito de ser un gran consumidor de enerxía. Non obstante, segundo un estudo da Universidade de Bonn de 2003, a lavalouza lava a mesma cantidade de vaixela cun 40% menos de auga e de enerxía que ningunha das persoas que participaron no devandito estudo.

Segundo a enerxía que utilice, a cociña adoita ser de gas ou eléctrica (de resistencias convencionais, tipo vitrocerámica ou de indución). As de indución son moito máis rápidas e eficientes que o resto.

Salón

O televisor ou o termóstato da calefación adoitan instalarse nel. Todos eles son grandes consumidores de enerxía.

Cada un dos fogares españois ten polo menos un televisor situado normalmente no salón.

A calefacción e o aire acondicionado tamén adoitan regularse desde este cuarto da casa. Preto do 41% da enerxía que gastan as familias destínase precisamente a quentar a vivenda.

No aire acondicionado pódense conseguir aforros de enerxía superiores ao 30% instalando toldos nas ventás onde máis dá o sol, evitando a entrada de aire quente na vivenda e illando axeitadamente muros e teitos.

O cuarto

Trabalando no ordenador, lendo, estudando... nos cuartos do fogar pasamos gran parte do noso tempo consumindo enerxía.

A luz forma parte da nosa vida e representa unha das necesidades enerxéticas máis importantes do fogar, de feito, supón practicamente o 18% da nosa factura eléctrica. A iso contribúe non só a iluminación senón o uso doutro tipo de aparatos como o ordenador, presente hoxe en día en máis da metade dos fogares.

Pero podemos aforrar con sinxelos xestos. Por exemplo: substituír as lámpadas tradicionais polas de baixo consumo pode aforrarnos ata 15 euros ao ano e reducir a emisión de CO2 en media tonelada ao longo da súa vida útil.

O baño

O consumo de auga quente nos fogares espa ñois alcanza o 26%. É, despois da calefación, o noso segundo foco de consumo.

Existen dous tipos principais de sistemas: instantáneos, que quentan a auga no momento no que é demandada (quentadores de gas, caldeiras mixtas de auga quente e calefacción...); e de acumulación (caldeira ou bomba de calor), que son os sistemas de produción centralizada máis utilizados.

Os de produción instantánea teñen prestacións limitadas e presentan a desvantaxe de que cada vez que se demanda auga quente se pon en marcha a caldeira. Eses continuos acendementos e apagados incrementan considerablemente o consumo.

Os sistemas de acumulación, que poden ser de produción exterior (a auga quece e almacénase nun tanque) ou interna (a auga quece no interior do acumulador), son os máis eficientes.

Garaxe

O vehículo privado representa o 12% de toda a enerxía final consumida en España.

Practicamente en todas as familias existe un automóbil, que xera non só un custo enerxético para o usuario senón tamén outros custos externos: ruídos, atascos, contaminación. Temos dúas opcións para evitar estas consecuencias:

  1. Utilizar menos o coche e máis os transportes máis eficientes, como o tren e o autobús. Se deixamos de usar tan só un 1% dos vehículos privados para ir ao traballo, aforraremos máis de 20 millóns de litros de combustible.
  2. Practicar unha condución eficiente, que mellora o confort, aumenta a seguridade vial, diminúe o tempo de viaxe e ademais reduce o consumo de carburante e de emissions contaminantes asociadas, e o custo de mantemento. En concreto, permite un aforro medio do 15% en carburante e en emisións de CO2.