Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Entrevistamos aos responsables das Entidades colaboradoras
Director General de IDAE
“A suma de pequenas accións logra grandes resultados”
Aforrar enerxía é unha cuestión estratéxica e un desafío nun mundo globalizado e tamén doído pola desigualdade na repartición de recursos e a ameaza do cambio climático. Todo se move grazas á enerxía, sen ela paralizariámonos. Trátase dun ben valiosísimo, porque ademais é escaso e esgotable. Por iso é moi importante tomar conciencia do xeito en que cada un de nós a consumimos: a suma das pequenas accións logra resultados importantísimos. Está nas nosas mans.
Director de INEGA
“É necesario un cambio de hábitos enerxéticos”
A estas alturas, xa ninguén dubida do lugar que ocupa a enerxía na nosa vida, por iso é tan necesario coidar e non malgastar este ben tan prezado, motor de todo o que nos rodea. Cómpre por tanto, fomentar un urxente cambio de hábitos cotiáns para acadar un uso racional da enerxía. Dende diferentes ámbitos tamén deben ser apoiadas todas as medidas que nos axuden a favorecer a eficiencia enerxética: utilizar lámpadas de baixo consumo, coñecer o consumo oculto no fogar, a calefacción a 21º ou empregar o transporte público, deben ser hábitos que nos leven a unha nova cultura enerxética.




