Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Semáforo Nutricional EROSKI

  1. A información nutricional aparece no frontal do envase, para que o consumidor a localice axiña.
  2. Utiliza un sinxelo sistema de cores, verde, amarela e laranxa, para que cunha simple ollada o consumidor poida saber se unha porción do alimento ten un alto (laranxa), medio (amarelo) ou baixo (verde) contido de calorías, azucre, graxa, graxa saturada e sal.
  3. Ofrece a información por porción ou unidade doméstica máis habitual (un bol, dúas culleradas, tres galletas, etc.) de alimento, no canto de facelo por cada 100 gramos.
  4. Amais das calorías, inclúe información sobre azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra, os cinco nutrientes considerados máis importantes dende o punto de vista da saúde pública. Os valores debaixo do nome do nutriente indican a cantidade de calorías e de nutrientes (azucre, graxa, graxa saturada, sal e fibra) que achega unha porción de alimento.
  5. Mediante cifras situadas debaixo de cada nutriente, indícase a porcentaxe que supoñen respecto da Cantidade Diaria Orientativa (CDO) que unha persoa adulta precisa inxerir ao día. Este dato é importante, porque para os nutrientes hai definida unha inxestión máxima recomendada (o que significa que cómpre vixiar o seu consumo), agás para a fibra, para a que existe unha inxestión diaria mínima recomendada (cómpre aumentar o seu consumo).

Queres saber máis sobre o Semáforo Nutricional EROSKI?


Tamén en EROSKI.es

Eroski NATUR
Eroski basic
Supermercados e Hipercercados EROSKI