Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



Unha merenda perfecta

Productos EROSKI para merendar

Para os nenos é fundamental realizar 5 comidas ao día, incluíndo unha boa merenda pola tarde. Esta comida resulta fundamental no crecemento e desenvolvemento axeitado dos pequenos, polo que é moi importante saber que alimentos son os máis axeitados.

Dámosche algunhas claves para unha merenda sa

Sabías que a merenda debe representar o 15% da achega enerxética total diaria?

Ademais, algunhas das súas vantaxes son: Unha merenda axeitada axuda a controlar o exceso de peso. É un recurso eficaz para calmar o apetito e evita petiscar entre horas. Supón unha paréntese e unha recarga de enerxía útil e necesaria, sobre todo en caso de que o neno realice actividades extraescolares.

Por unha merenda variada

  • Segundo os expertos en nutrición, o máis importante é que sexa variada.
  • Non debe interferir negativamente no proceso de dixestión do xantar do mediodía. Para iso debeu pasar tempo abondo desde esta, pero tampouco se debe tomar demasiado tarde para impedir a cea. O máis recomendable é que pasen tres horas entre o xantar e a merenda, e entre esta e a cea.
  • Hai que coidar non só o tipo de alimentos da merenda, senón tamén a súa porción. As cantidades dependerán da idade do neno e da actividade desempeñada. Non deben ser desorbitadas para evitar o exceso de calorías ou anular a fame para a cea.
  • Debe incluír alimentos ricos en nutrientes.
  • Cómpre moderar o consumo de alimentos excesivamente caloríficos ou ricos en graxas saturadas e azucres refinados que, tomados en exceso, poden ocasionar exceso de peso, obesidade e outras patoloxías.
  • Os bocadillos son unha boa opción para recuperar forzas. Dentro podemos introducir ingredientes como xamón, queixo, etc. Outra opción que hai que contemplar de vez en cando é tomar un bocadillo de chocolate, que lles gusta a todos os nenos e torna as merendas fáciles e divertidas.

"A denominada merenda cea" é unha opción nutricional aceptable cando se inclúen alimentos suficientes e variados e se practica ocasionalmente. O consumo, por exemplo, dun bocadillo de tortilla francesa e queixo cunha froita e, antes de ir para a cama, un vaso de leite, pode ser unha alternativa eventual á merenda e a cea.

Os valores do xogo en equipo

Niños jugando en equipo

A educación física é algo máis ca facer deporte. É fonte de saúde e benestar tanto física como psicolóxica. Nada mellor que comezar a practicar deporte dende idades temperás.

Ata os 6 ou 7 anos non existe demasiado sentimento de grupo nos nenos.

A cooperación é un dos elementos importantes dende os 6 aos 12 anos, que é o período no que se consolida a personalidade e no que os rapaces aprecian moito a fidelidade dos seus compañeiros.

E na adolescencia é cando se comezan a crear sentimentos de competitividade.

Verduras e hortalizas

Verduras

As verduras e hortalizas son alimentos básicos, xa que son unha excelente fonte de vitaminas, minerais, fibras e elementos antioxidantes, substancias que axudan a regular o organismo. Proporcionan pouca enerxía e achegan sensación de saciedade, polo que resultan ideais para controlar o peso e a obesidade.

Na infancia e a adolescencia son alimentos imprescindibles.

O exemplo na casa

Nada mellor que dar exemplo para que os pequenos e os mozos da casa coman verduras. Así que a que agardas?

Lembra que...

Ao neno non teñen por que gustarlle todas as verduras, pero se coñece e proba as variadas opcións que hai de tomalas, seguro que amplía a súa selección de hortalizas preferidas.

O que queres saber sobre as VITAMINAS

Zumos EROSKI con vitaminas

As vitaminas son nutrientes esenciais que o organismo precisa para acadar un funcionamento axeitado que permita ter unha boa saúde e mais un crecemento adecuado. Xunto cos minerais, garanten o bo aproveitamento dos nutrientes e regulan o funcionamento do organismo.

O mellor medio para asegurar unha achega axeitada de todas as vitaminas é proporcionarlle ao escolar unha alimentación variada, cunha elevada presenza de froitas e verduras.

Os nenos son un dos grupos de poboación que máis vitaminas precisan para asegurar un bo crecemento. Por exemplo, os nenos pequenos necesitan máis achega de calcio e vitamina C para ter uns ósos sans e uns dentes fortes. E especialmente nos nenos é importante que non falten as vitaminas A, C, D, B1, B2 e B9 ou ácido fólico. Durante a elaboración ou conservación dos alimentos, as vitaminas pódense destruír e perder as súas propiedades. Por iso, é importante que a alimentación, amais de incluír alimentos elaborados (cocidos, fritos, en conserva ou conxelados), sexa rica en alimentos crus e naturais.

A moverse! BALONCESTO

Niños jugando al baloncesto

Xogar ao baloncesto ensínalles aos nenos como traballar en equipo. Trátase dun dos deportes máis populares do mundo e unha das actividades físicas extraescolares máis escollidas polos nenos.

Nun partido de baloncesto, o obxectivo é mover o balón cara a adiante para superar en número aos adversarios e crear a oportunidade para encestar. Gaña un partido o equipo que obtén máis puntos encestando o balón.

Por iso, en baloncesto é clave un bo traballo en equipo, tanto en defensa como en ataque. Todos os xogadores poden lanzar o balón e son libres de moverse pola pista, polo que deben distribuírse as posicións para non se molestaren entre eles. A posición en que se xogue estará en función das habilidades, peso e capacidade física de cada un, así como das tácticas do adestrador. Hai tres posicións básicas: pivote, aleiro e base, dependendo da zona da pista na que te sitúes, e que pode cambiar durante o partido.

Beneficios

É un dos deportes máis completos, xa que desenvolve toda a musculatura, as extremidades superiores e inferiores e a capacidade respiratoria; ademais, estimula o espírito de observación e favorece o control dos movementos e a capacidade de resistencia, desenvolvendo a rapidez, a axilidade e a flexibilidade.

Este deporte é un dos máis sans e recomendables para todos os nenos, xa que, amais de axudalos a crecer sans e fortes, obrígaos a traballar en equipo e a pensar de xeito colectivo.

Cando empezar a xogar

Aos 5-6 anos pódese comezar co mini-baloncesto, e, máis adiante, poderase empezar a xogar nun equipo co fin de participar en competicións e torneos.

Equipo básico

  • Roupa cómoda e tenis de baloncesto. Roupa folgada, que non dificulte os movementos.
  • O máis importante do vestiario é o calzado. Os tenis deben suxeitar ben os nocellos e non esvarar. Ademais, deben amortecer o impacto dos enérxicos saltos e aterraxes que forman parte do xogo. E cómpre asegurarse sempre de levar ben amalloados os cordóns!
  • Polo demais, o material básico para xogar a baloncesto consiste simplemente nun balón e nunha canastra con taboleiro.

Bo proveito!

Jesús Román

A partir deste mes, os nosos menús están avalados por Jesús Román, presidente da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA).

Sigue os nosos consellos para que o teu fillo goce dun almorzo e dun xantar saudable e equilibrado.

O almorzo ideal

Segundo a SEDCA é aconsellable que o neno leve un bocadillo variado (de paté de atún, embutido, etc.) e/ou unha froita ou un zume envasado.

O almorzo ideal constará de:

  • Froita natural e/ou zume natural.
  • Algún produto obtido de cereais...
  • Lácteo. Normalmente, unha cunca de leite 'manchado' cun produto de cacao soluble.

Esta planificación semanal asegura que os nenos reciban unha alimentación variada. Así e todo, pódese adaptar cambiando a orde dos días, aumentando ou diminuíndo a presenza dalgún produto, ou ben substituíndoo por outro similar. A cantidade de cada porción dependerá da idade do neno.


Tamén en EROSKI.es

Eroski NATUR
Eroski basic
Supermercados e Hipercercados EROSKI