Saltar o menú de navegación e ir ao contido
En 2012 Para os titulares de Achegas EROSKI emitidas no 2007 o tipo de xuro será do: 4,268% Para os titulares de Achegas EROSKI emitidas antes do 2007, o tipo de xuro será do 4,768%.
Un ano máis cumprimos o noso compromiso cos titulares das Achegas EROSKI.
O 31 de xaneiro do 2012 repartimos entre os titulares das Achegas EROSKI 29 millóns de euros en concepto de xuros correspondentes ao 2011.
Ademais, xa fixamos o xuro que se lles aplicará durante o 2012 ás Achegas EROSKI. Toma nota:
Supón un incremento de 0,153 puntos porcentuais sobre o tipo que sobre o tipo aboado no 2011. As cantidades correspondentes a estes novos xuros reintegraránselles aos titulares das achegas o 31 de xaneiro do 2013. Dende o seu lanzamento, as Achegas EROSKI demostraron a súa rendibilidade segura e os seus titulares recibiron puntualmente os xuros que lles correspondían. Cada 31 de xaneiro e dende o ano 2003, EROSKI repartiu un montante acumulado de 173 millóns de euros.
Para obter máis información sobre as Achegas EROSKI, pódese chamar ao 902 540 340 ou escribir a aportacioneseroski@eroski.es.
As Achegas EROSKI son un produto financeiro de EROSKI sometido á normativa do Mercado de Valores.
Cotizan no mercado AIAF de renda fixa.
A rendibilidade das Achegas EROSKI non depende dos resultados de EROSKI. Sexan cales sexan as condicións de mercado, as Achegas EROSKI sempre ofrecen un diferencial positivo de rendibilidade (no noso caso vinculado ao euríbor, un dos indicadores máis utilizados do mercado e que reflicte o prezo do diñeiro nun determinado momento).
O produto emítese a perpetuidade, é dicir, non ten data de vencemento determinada. Non obstante, EROSKI podería amortizar anticipadamente, total ou parcialmente, a emisión despois do quinto ano da data de desembolso.
Facilitámosche os folletos das nosas emisións de Achegas EROSKI.
Diríxase á súa entidade financeira ou sociedade de valores habitual e solicite estes títulos. Estas entidades comprobarán se hai achegas dispoñibles e, en caso afirmativo, realizarán a adquisición.