Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Que é o Club do Investidor?

O Club do Investidor de Grupo EROSKI está dirixido aos titulares de Achegas EROSKI e dá acceso a VANTAXES en establecementos do Grupo EROSKI, como descontos e outras oportunidades. Ademais, os membros do Club reciben información de interese sobre EROSKI e a súa actividade.

As vantaxes do Club do Investidor

Vantaxes económicas trimestrais:

Descontos e outras oportunidades coidadosamente seleccionadas nos establecementos do Grupo EROSKI. Durante os meses de abril, maio e xuño serán as seguintes:

  • 4 vales do 5% de desconto para as compras realizadas en EROSKI.
  • 3 vales do 5% de desconto en combustible en calquera Gasolineira EROSKI.
  • Un vale do 15% de desconto en perfumería.
  • Un vale do 15% de desconto en ópticas EROSKI.
  • Un vale do 10% de desconto en tratamento corporal e tratamentos solares de alta perfumería nas Perfumerías If.
    * Súmalle un 10% de desconto adicional á túa tarxeta If e acumula ata un 20% de desconto.
  • Un vale de 10 euros de desconto en Forum Sport.
    * Válido para compras iguais ou superiores a 50 euros.
  • 5 vales de 20 euros de desconto en EROSKI viaxes.
    * Válido para reservas superiores a 300 euros. Pódense acumular vales de desconto sempre que se respecte a promoción venda-vale definida (20 euros de desconto por cada 300 euros de compra). Estes vales non se aplican só a transporte, nin ás taxas, visado ou service fee. Non acumulable a outros tipos de descontos, ofertas ou promocións. Non aplicable a descontos de colectivos, socios de cota ou traballadores do grupo EROSKI.

* Non se poden cambiar dous talóns do Club do Investidor nun mesmo tícket de compra.

Para os vindeiros tres meses farémoslle chegar ao seu domicilio novos talonarios con máis vantaxes.

Información particularizada

Información de interese sobre EROSKI e a súa actividade.

Fágase socio do Club do Investidor

É rápido, sinxelo e completamente gratuíto. E agora tamén se pode facer por Internet.

Para se poder beneficiar de todas estas vantaxes, só ten que ser titular de Achegas EROSKI e facerse socio do Club do Investidor.

Encha este formulario online achegando un xustificante ou extracto do seu banco de que posúe Achegas EROSKI (non é necesario que sexa certificado).

Ou se o prefire, descargue e imprima este formulario, cúbrao cos seus datos e envíeo xunto cun xustificante ou extracto do seu banco de que posúe Achegas EROSKI (non cómpre que sexa certificado). Pode mandalo por:

  • Correo postal (o enderezo aparece no formulario).
  • Se o escanea, tamén poderá envialo por correo electrónico a aportacioneseroski@eroski.es

Se desexa máis información, pode chamar ao 902 540 340.

Se está interesado en se facer socio do Club do Investidor pero aínda non é titular de Achegas EROSKI, infórmese no seu banco de como adquirilas.