Saltar o menú de navegación e ir ao contido
EEstablecementos que ocupan entre 4.500 e 12.000 metros cadrados e que ofrecen máis de 50.000 produtos. Situados en centros comerciais e en grandes cidades ou cabeceiras de comarca, destacan pola súa oferta en calidade, variedade e prezo en produtos frescos. Outro dos seus puntos fortes é a súa gama de artigos de bazar, téxtil e electrodomésticos. Ver hipermercados no localizador
Con salas de venda de entre 700 e 2.000 metros cadrados, ofrecen unha ampla gama de produtos. Destaca a súa gran variedade nas seccións de frescos e a súa inmellorable oferta de prezos na gama de alimentación, especialmente nos produtos básicos. Dispoñen de aparcadoiro gratuíto Ver EROSKI/center no localizador
Situadas en zonas urbanas, son tendas con preto de 450 metros cadrados orientadas a unha compra diaria rápida e cómoda. Os seus puntos fortes son unha oferta de produtos frescos moi ampla e uns prezos competitivos en artigos básicos, acompañados dun servizo ao cliente moi próximo e atento. Ver EROSKI/city no localizador
Unha xestión minuciosa do gasto permítelles ás gasolineiras de EROSKI ofrecer combustible da mesma calidade ao mellor prezo da súa zona, amais de favorecer un servizo rápido e cómodo. Ver EROSKI/gasolineiras no localizador
Con 7.000 artigos e marcas para o fogar, mercar no noso súper online é moi sinxelo. Como na nosa rede de tendas tradicionais, ofrecemos prezos competitivos e a mesma garantía de calidade e servizo. Ademais, o cliente non aboa a súa compra ata a entrega e total conformidade no seu domicilio Alimentación | Tecnoloxía | Electro Fogar
Nestes stands multifuncións comercialízanse produtos como seguros ou empréstitos, envíanse remesas ao estranxeiro e mesmo se pode adquirir unha vivenda de vacacións (coa dobre garantía da promotora e de Eroski). Todo iso na mesma sucursal, co asesoramento dos nosos expertos e a prezos moi vantaxosos.
Amais do seu asesoramento e trato profesional, a elaboración de paquetes vacacionais exclusivos é outro elemento diferenciador da nosa oferta. Somos a única axencia española de viaxes que acadou a 'Q de Calidade Turística Española' (en dúas ocasións) e mais a Certificación ISO 9001:2000 en todos os seus procesos de traballo. Web de EROSKI/viaxes | Ver EROSKI/viaxes no localizador
Liña de viaxes de empresa de Viaxes Eroski, especializada en paquetes á medida. Organiza congresos, convencións e viaxes de incentivos de empresas. Tamén logrou a 'Q de Calidade Turística Española' e a Certificación ISO 9001:2000 en todos os seus procesos de traballo.
Situadas xunto aos hipermercados EROSKI, as ópticas distínguense por unha gama formada polas principais marcas do mercado e por uns inmellorables prezos en artigos como monturas, cristais, lentes de contacto ou líquidos. Outro dos seus fortes é o asesoramento especialista dos nosos ópticos diplomados. Ver EROSKI/ópticas no lozalizador
Tenda especializada en artigos de beleza que, apoiada nunha atención e asesoramento directo de profesionais, ofrece as principais marcas en fragrancias, cosmética e tratamentos. Complementa a súa oferta cunha gama básica de produtos de hixiene persoal e droguería.
Especializadas nos artigos máis novidosos para a práctica deportiva e na prestación de servizos asociados (reparacións, etc.), as tendas de Fórum Sport traballan para ofreceren primeiras marcas para todo tipo de deporte a prezos moi axustados. Organizadas en seccións temáticas, un dos seus fortes é o asesoramento especializado e o servizo posvenda.
Trátase dun novo modelo de tenda, especialista en produtos culturais, educativos, lúdicos e para o lecer e dirixido a un contorno familiar con fillos de ata 16 anos. Destacan os seus obradoiros de actividades e a súa postura non sexista e non bélica (en Abac non se venden produtos bélicos nin sexistas).
Prezos moi competitivos e o compromiso de transparencia total definen a esta nova operadora de móbil virtual. EROSKI/móbil