Saltar navegación e ir al contenido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

Estás aquí, dentro de la estructura EROSKI.es

Herramientas de la página



A cooperativización

EROSKI cooperativa

O noso seguinte reto

EROSKI sempre foi unha empresa progresista e adiantada aos tempos. Hai 39 anos os nosos estatutos recollían expresamente valores moi en voga ultimamente e que marcaron o noso devir: a cooperación, a participación, a innovación, o valor consumidor e a responsabilidade social.

Hoxe, como froito do esforzo das persoas que creron que unha empresa pode ser diferente na xestión e na toma de decisións, somos unha realidade empresarial competitiva e sostible formada por máis de 50.000 persoas e por máis de 2.440 establecementos.

Precisamente para seguirmos ben, para mellorarmos os bos resultados do presente e, dende logo, para os garantirmos nun futuro, decidimos abordar o Proxecto de Cooperativización.

Coa cooperativización fomentamos a igualdade de oportunidades para todas as persoas que traballamos en EROSKI e convertémonos nunha empresa máis sólida. Tamén pasamos a ser a maior cooperativa do sector da distribución e, sen dúbida, unha das máis grandes asociacións cooperativas do mundo, aínda que non nos preocupa o volume senón a calidade.

A que chamamos cooperativización?

EROSKI carro

É a transformación en cooperativas mixtas das nosas actuais sociedades de accións nas que a cooperativa Eroski é maioritaria. Serán socios desas novas cooperativas mixtas os seus traballadores e a propia Eroski. E todas elas formarán unha cooperativa de segundo grao que actuará de vértice do Grupo Eroski para garantir o goberno e a unidade de dirección.

Seguiremos fieis aos nosos valores cooperativos, que espallaremos nas novas cooperativas mixtas. Coidamos que o noso modelo de empresa é válido, competitivo e moderno, e queremos que máis socios se comprometan con el.

Por que o facemos?

  • Por coherencia ideolóxica: para que todos os traballadores teñan a mesma condición e semellantes dereitos políticos, económicos e sociais.
  • Por simplificarmos o modelo de empresa: é máis simple ser dun mesmo xeito e non de dous. Un idéntico modelo de xestión axudaranos a ir máis lixeiros, amais de mellor harmonizados.
  • Pola súa vantaxe competitiva: somos diferentes en algo substancial -o modelo de empresa- e queremos facer desa diferenza un factor competitivo.

Que perseguimos mediante a cooperativización?

  • Ofrecémoslles aos traballadores das sociedades de Grupo EROSKI a oportunidade de seren socios de traballo, en condicións económicas, sociais e políticas semellantes aos socios cooperativistas actuais.
  • Igualamos as condicións dos traballadores de EROSKI en coherencia coa filosofía cooperativa, para a cal todas as persoas son iguais en dereitos e obrigas. Este proxecto supón un avance social de gran calado e sentímonos especialmente satisfeitos con el.
  • Transformaremos as actuais sociedades de capital en cooperativas mixtas de traballo asociado.
  • Crearemos unha cooperativa de segundo grao que garanta o goberno e a unidade de dirección, composta pola Cooperativa Eroski e mais o resto de cooperativas mixtas. A súa sede estará na CAPV e rexerase pola Lei de cooperativas de Euskadi.
EROSKI carro

O proceso, paso a paso

  • Debate interno. O Proxecto de Cooperativización foi sometido a un extenso debate entre os socios da cooperativa Eroski e entre os traballadores que non son socios e teñen que decidir se o van ser ou non. O maioritario apoio ao proxecto propiciou que seguísemos adiante con el.
  • Explicación en profundidade do proxecto. Estudamos varios borradores e celebramos reunións explicativas en varias fases, ao comezo do proceso e tras os cambios que sufriron os borradores a petición dos socios.
  • Proxecto aberto. Calquera socio ou socia de EROSKI tivo a oportunidade de propor emendas ao proxecto. Paralelamente, un amplo grupo de delegados traballou sobre os borradores para incluír as achegas formuladas.
  • Apoio maioritario. Os socios e socias de EROSKI aprobaron inequivocamente o proxecto, que foi sometido a consulta mediante voto secreto. O 77,3% dos socios pronunciouse favorablemente á cooperativización do Grupo, polo que a súa lexitimidade social queda fóra de toda dúbida.

Tamén en EROSKI.es

Bolsas
Campaña Saúde i Benestar

Ayuda en el sitio de EROSKI: