A franquía comercial xurdiu en EROSKI na década dos setenta. A partir dos noventa aparece a franquía como unha oportunidade de crecemento para empresarios con espírito emprendedor.
Nos comezos a franquía nace coa insignia Aliprox, pero na actualidade operamos con dous sistemas ou insignias de franquía:
- O franquiado ALIPROX é unha fórmula de cooperación entre dúas partes ligadas por un contrato. Os ALIPROX son establecementos de proximidade, de 250 a 700 metros cadrados, situados en poboacións urbanas dun mínimo de 2.000-2.500 habitantes. Operan baixo políticas comerciais definidas por EROSKI e ofrécenlles aos clientes un servizo completo de alimentación (con marcas de fabricante e coa marca propia EROSKI) e de liderado en frescos.
- A franquía Integral EROSKI/city é tamén un sistema de cooperación entre dúas partes ligadas por un contrato e a opción máis axeitada para o cliente xestor/investidor con ganas de aprender e de profesionalizar o seu negocio. Con esta franquía o investidor asume os compromisos da insignia EROSKI/city, o seu modelo físico e comercial, as ferramentas de fidelización, etc. Ofrecémoslle un servizo integral de alimentación, cunha rendibilidade e imaxe comercial axeitada para o desenvolvemento do seu negocio, apoiado en sistemas de información avanzados. Contamos cun servizo de aprovisionamento adaptado ás súas necesidades en cada momento e cun servizo de formación e apoio comercial continuado e esmerado. Somos transparentes e serios nas relacións comerciais e implicámonos no éxito do negocio.
O cliente final percibe EROSKI/city como un establecemento próximo, que se distingue doutros polos seus produtos frescos, con bos prezos nos produtos básicos, onde facer a compra é cómodo e rápido. Os franquiados están xestionados por un equipo de trato persoal próximo e atento e transmítenlles confianza aos clientes, que atopan unha gama suficiente que lles permite satisfacer as necesidades de compra cotiá do seu fogar. Os franquiados EROSKI/city son centros de entre 250 e 450 metros cadrados. Actualmente contamos con máis de 285 centros franquiados repartidos por toda España e cunha antigüidade de permanencia media de 12 anos, o que avala a satisfacción dos nosos clientes.
Se queres dirixir o teu propio negocio, tes capacidade de xestión, carácter emprendedor, don de xentes e estás interesado en investir nun negocio con éxito, aproveita esta oportunidade e ponte en contacto connosco:
Para enviares un correo electrónico, preme aquí.
Tel.: +34 902 540 340