Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



EROSKI 'contigo'

'Contigo' é o noso slogan corporativo. É sinxelo pero representa moi ben o que facemos e o que queremos facer. 'Contigo' caracterízanos como unha empresa próxima, que entende e lles fala de ti a ti ás persoas ás que diriximos a nosa actividade, sobre todo, aínda que non só, os consumidores e os traballadores.

Para os consumidores

'Contigo' reflicte que somos unha organización de consumidores, con máis de medio millón de socios, legalmente recoñecida como tal, e que actúa polo benestar do consumidor. Por iso, o slogan naceu acompañado de tres compromisos -aos que progresivamente se irán engadindo outros- para os consumidores:

Semáforo nutricional EROSKI: eé unha etiquetaxe que inclúen os produtos de marca EROSKI e SeleQtia, baseado nun sinxelo sistema de cores para identificar a cantidade de calorías e de nutrientes dunha porción do produto. Somos a primeira empresa de distribución española que ofrece esta información sen que sexa imperativo legal.

Graxas menos saudables fóra: iniciamos o proceso de eliminación das graxas trans presentes de maneira artificial nos produtos de marca EROSKI.

Campaña para a Prevención da Obesidade Infantil: informamos e concienciamos os consumidores sobre a importancia dunha nutrición adecuada e sobre a adquisición de hábitos de vida saudables para previr a obesidade infantil.

Para os traballadores

'Contigo' é unha expresión coherente co feito de que a propiedade de EROSKI é dos traballadores. 'EROSKI contigo' acompaña perfectamente o proxecto de espallar a condición de socio a todos os traballadores que o desexen e co ánimo de que o sexan os 50.600 traballadores que hoxe compoñemos EROSKI.


Tamén en EROSKI.es

Eroski NATUR
Eroski basic
Supermercados e Hipercercados EROSKI