Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Produtos con madeira responsable
Campaña por un consumo máis responsable
logotipo WWF Adena

FSC, produtos con madeira responsable

Compromiso co ambiente

O FSC é un organismo de certificación internacional sen ánimo de lucro que promove prácticas forestais respectuosas co ambiente.
A marca FSC é a súa garantía

Segundo a FAO (Organización para a Agricultura e a Alimentación), nas últimas décadas desapareceu case a metade da superficie forestal. O apoio aos produtos ambientalmente sustentables e a campaña que che presentamos sobre a certificación FSC (Consello de Administración Forestal), son unha proposta dos consumidores reflectida no 5º Foco de Consumidores celebrado en 2008 sobre ambiente.

EROSKI reforza o seu compromiso como empresa socialmente responsable co consumo sustentable, ao incluír garantías ambientais nos mobles de xardín marca EROSKI. As madeiras utilizadas e a súa fabricación cumpren os criterios establecidos polo FSC, co que se contribúe a unha xestión responsible das explotacións forestais.

FSC, máis que un selo para EROSKI

As principais ONG, sociais, de conservación do ambiente e de Comercio Xusto, consideran que a certificación FSC é a única que garante a xestión ambiental responsable

EROSKI puxo en marcha unha política que permite controlar a madeira utilizada nos mobles de xardín. Unha política guiada polos principios do FSC:

  1. Exigimos a nuestros proveedores los documentos que certifiquen su procedencia.<
  2. Visitamos as fábricas dos produtores en Asia para comprobar que ofrecen boas condicións laborais aos seus empregados.
  3. Velamos polo cumprimento da normative legal e os acordos internacionais.
  4. Promulgamos a xestión forestal que eleva o benestar social e os dereitos dos traballadores e respecta os dereitos dos poboados indíxenas.
  5. Contribuímos a manter as condicións dos bosques, os produtos forestais, a cadea de custodia e a xestión baixo un estrito proceso de avaliación.
  6. A xestión forestal das madeiras FSC conserva a diversidade biolóxica e os seus valores asociados.
  7. Coidamos que a Madeira proceda dun Plan de Xestión Forestal redactado, posto en práctica e actualizado

En EROSKI vixiamos a calidade desde o bosque ata o consumidor

Os mobles de xardín EROSKI, ademais das auditorías FSC sobre a madeira utilizada, pasan estritos controis de calidade e ergonomía levados a cabo por laboratorios independentes.

O proceso de certificación da cadea de custodia comproba e supervisa todas as fases deste percorrido (aproveitamento, transporte, transformación e distribución) e garante así que o produto final obtido procede dun bosque ben xestionado.

Cando mercas mobles elaborados a base de madeira manufacturada no país de orixe, non só garantes o filtro da superficie forestal, senón que tamén apoias o desenvolvemento das economías locais e o futuro das poboacións rurais.

Pero, sobre todo, a nosa razón de ser é responder aos intereses dos consumidores, e por iso en EROSKI, se non quedas satisfeito ao adquirir mobles de xardín ou calquera outro produto, devolvélmosche o diñeiro.

Campaña por un consumo máis responsable

Coñece como se xestionan os bosques certificados FSC

Escolas de consumidores
Apúntate e non o perdas
902 540 846
escuelas@eroski.es

[Arquivo PDF] (23,6Mb)

Produtos con madeira responsable