Saltar navegación e ir al contenido

che asesoramos para la compra responsable de videxogos, juguetes, telefonía móbil e tenoloxía
chama e che asesoramos en pedagogía personalizada 902 540 846
O neno sempre xogou, en todas as culturas. O xogo é a actividade infantil por excelencia. É un instrumento educativo natural, voluntario, pracenteiro, gratuíto e espontáneo.
Cando nace, o neno descobre o mundo a partir dos seus sentidos. Primeiro xogará co seu propio corpo, coas súas manas, cos seus pés... para pasar a descubrir e xogar cos elementos que teña máis próximos.
Paseniñamente irá controlando o seu corpo, a súa forza, o seu equilibrio.
O xogo adoptará despois un papel fundamental na adquisición e desenvolvemento das súas diferentes habilidades cognitivas e emocionais, así como na súa socialización, aprendizaxes que sen dúbida son tan importantes como a aprendizaxe escolar.
Ata os 6 anos, un neno levará xogado unha media de 17.000 horas, que constitúen o mellor investimento en desenvolvemento do seu corpo e a forxa da súa personalidade.
Pero non só o xogo é beneficioso para o neno senón que tamén pode ser a ferramenta perfecta para a demostración das emocións dentro da familia e o mantemento dunha boa complicidade familiar.
Moitas son as preguntas que nos asaltan á hora de lles facermos un agasallo: será o axeitado?, gustaralle?, atinarei?...
A gran cantidade de produtos que nos ofrece o mercado e mais as potentes campañas publicitarias fan da elección unha difícil decisión para os pais, amigos e familiares. Para disipar algunhas das túas dúbidas dámosche algúns consellos que che poden axudar:
Aos máis pequenos tócalles gozar e aos máis adultos tócanos poñer ao seu alcance os xoguetes adecuados en canto a súa idade, gusto, necesidade, variedade, seguridade e prezo
O regalo é para o neno, non para nós. É importante que a elección sexa axeitada ao seu gusto pero tamén é importante ter en conta as súas necesidades.
O mellor xoguete non ten por que ser o máis caro ou o que estea de moda. O mellor xoguete será aquel que mellor se adapte ás características do neno.
A variedade dos xoguetes axuda a desenvolver todas as áreas da súa personalidade. Procura regalar xoguetes suficientes e variados, pero lembra que un exceso provoca desinterese e desorde.
Valorar a relación calidade-prezo é importante e, ademais, é conveniente adquirir en establecementos de confianza onde te poidan asesorar na túa compra e se comprometan en caso de posibles reclamacións.
Observa que o xoguete teña a marca CE, que confirma que cumpre as normas de seguridade marcadas pola Comunidade Europea.
Xogar é a perfecta actividade complementaria ao estudo diario. Dosifica os xoguetes ao longo de todo o ano. Ademais de deixalo gozar diariamente, motivaralo nas súas tarefas cotiás.
Un xoguete é moito máis divertido se se comparte. O neno necesita doutras persoas para desenvolver as súas habilidades sociais e o xoguete é unha perfecta ferramenta de relación.
Aos adultos cústanos xogar. Dedicarlle tempo ao xogo é importante para eles, e para nós é estreitar lazos, comunicarse, convivir e gozar un do outro. ¡Atrévete!.
Intenta regalar xoguetes que fomenten valores positivos no neno.
Os nenos de hoxe son a sociedade do mañá.
Igual ca calquera outro rapaz, os nenos con minusvalidez tamén precisan xogar. Pon ao seu alcance xoguetes variados que potencien ou que complementen as súas diferentes habilidades e ten en conta que debes adecuar a idade que indica o fabricante á necesidade concreta do neno.
Para o bo desenvolvemento do xogo, o neno precisa espazos, compañeiros, tempo e xoguetes axeitados. Utiliza todos os recursos dispoñibles para favorecer o xogo do teu fillo.
Mentres xoga, aprende... Unha boa elección do xoguete é un bo investimento de futuro. Procura facela e contribuirás ao correcto desenvolvemento da aprendizaxe do neno.
Así que desempaquetas o agasallo, lembra guindar o cartón ou o plástico nos seus colectores correspondentes e cando as pilas de xoguete se esgoten non as botes ao lixo, son altamente contaminantes! Deposítaas nos lugares de recollida da túa localidade correspondente.
Asesoría Pedagoxica para la compra de xoguetes
(Arquivo Pdf. 4,5 Mb)
Asesoría Pedagoxica para la compra de Xoguetes
(Arquivo Pdf. 2,7 Mb)