Saltar navegación e ir al contenido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

Estás aquí, dentro de la estructura EROSKI.es

Herramientas de la página


Infojuego EROSKI contigo

che asesoramos para la compra responsable de videxogos, juguetes, telefonía móbil e tenoloxía

chama e che asesoramos en pedagogía personalizada 902 540 846

que é infoXogo?

Infoxogo EROSKI contigo

infoXogo é unha campaña de EROSKI para a formación e información ao consumidor dentro do seu programa Aulas de Consumo e pretende asesorar o consumidor para a compra responsable de videoxogos, xoguetes, telefonía móbil e tecnoloxía como regalo infantil. Dentro da campaña, atoparás información nos seguintes medios:

  • Pide a Guía da Asesoría Pedagóxica para a compra de Xoguetes no teu Hipermercado EROSKI habitual.
  • Atopa os principais consellos nos carteis informativos dos andeis na tenda, a rentes dos produtos.
  • Tes unha extensa reportaxe na túa revista EROSKI CONTIGO.

Ademais, contas cun servizo de Asesoría Pedagóxica personalizada para todas as túas dúbidas e para recibires a información pedagóxica adicional que precises:

  • Teléfono da Asesoría Pedagóxica personalizada: 902 540 846. Pola mañá, de 10 h a 14 h e, pola tarde, de 15:30 h a 19:30 h
  • Tes unha persoa experta da Asesoría Pedagóxica infoXogo disposta a te axudar na sección de videoxogos do teu Hipermercado EROSKI habitual. Máis de 150 pedagogos e psicólogos responderán as túas dúbidas e poderante aconsellar sobre que videoxogos son máis axeitados para cada idade, dende o 5 de decembro deica o 5 de xaneiro.

De precisares información máis especializada sobre xoguetes para nenos con algún tipo de minusvalidez, non dubides tampouco en utilizar a Asesoría Pedagóxica infoXogo: tamén pensamos neles.

Que requisitos debe cumprir un bo xoguete?

  1. Débese adaptar aos gustos e necesidades do neno.
  2. Debe ser adecuado á idade do neno e ao seu nivel madurativo.
  3. Deben ser de tipoloxía variada, así poden aprender máis.
  4. Debe ter un valor lúdico. Os xoguetes son para que o neno aprenda divertíndose.
  5. Debe ser sólido e duradeiro.
  6. Debe ser seguro. Os xoguetes que cumpren a normativa de seguridade vixente levan impreso CE no envase.
  7. Débese elixir sen facer distincións no tocante ao sexo.
  8. É recomendable evitar as referencias a temas bélicos.
  9. Xa para rematar, cómpre lembrar que mercar xoguetes nun establecemento da súa confianza, como EROSKI, é sempre unha garantía.

Ayuda en el sitio de EROSKI: