Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


EROSKI, primeira empresa de distribución en lograr a SA 8000

EROSKI renovou, por sétimo ano consecutivo, a certificación internacional SA 8000 tanto na súa Sede Social como na súa Central de Compras. No 2003, fomos a primeira empresa de distribución española e a segunda en Europa en acadar este recoñecemento para estas dúas infraestruturas clave dentro do grupo. Esta recente renovación supuxo un salto cualitativo no devezo de EROSKI por alcanzar un desenvolvemento sostible.

A certificación SA 8000, creada pola Social Accountability International, é de carácter totalmente voluntario e obtense tras pasar unha exhaustiva auditoría externa, que no caso de EROSKI acredita Bureau Veritas. Coa SA 8000 recoñécese que unha empresa cumpre e respecta a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, e mais os principais acordos sobre dereitos laborais propugnados pola Organización Internacional de Traballo.

Ademais, esta acreditación certifica que as empresas que a obteñen se comprometen a lles trasladar e a lles esixir unha serie de responsabilidades e valores aos seus provedores, traballadores, consumidores e á sociedade en xeral, e que se comprometen ademais a verificar o seu cumprimento por parte de provedores mediante auditorías. Cada seis meses EROSKI é auditado para garantir que a norma SA 8000 se cumpre. Tras as auditorías emítese un completo informe que lles permite ás empresas, neste caso a EROSKI, mellorar continuamente o cumprimento da norma. E cada tres anos realízase, ademais, unha auditoría máis profunda coa que se renova a concesión da renovación.

Requisitos básicos

Os requisitos que se deben cumprir para acadar a certificación SA 8000 están baseados en estándares internacionais. Cómpre salientar os seguintes:

  • Non utilizar nin tampouco apoiar o traballo infantil.
  • Desaprobar e non empregar traballos forzados.
  • Establecer un contorno laboral seguro e saudable para os traballadores da empresa.
  • Respectar o dereito dos empregados a formar sindicatos e á negociación colectiva.
  • Non efectuar discriminacións por raza, relixión, minusvalidez, xénero, orientación sexual, idade ou afiliación política.
  • Realización de campañas destinadas a concienciar os consumidores en materia de consumo responsable e sostible.
  • Remunerarlles aos traballadores salarios que cumpran sempre, como mínimo, a normativa legal establecida por cada industria.
  • Unha xestión empresarial que garanta o cumprimento da norma.

Código Ético de EROSKI

Para velar polo cumprimento da norma SA 8000, en EROSKI continuamos a traballar dende o Comité Ético, liderado pola Presidencia de EROSKI e formado por un equipo de profesionais de varios ámbitos da empresa que se xuntan trimestralmente e aseguran o correcto desenvolvemento dos aspectos que recolle a norma. O Comité Ético fixou unha serie de indicadores para facilitar o seguimento da norma, entre os que salientan a porcentaxe de mulleres en postos de mando, a de traballadores en flexibilidade horaria, o número de provedores que cumpren as cláusulas da SA 8000 e controlados anualmente ou o número de produtos verificados socialmente responsables.

Unha das tarefas deste comité foi a elaboración do Código Ético de EROSKI, que recolle os valores e principios polos que EROSKI se rexe e que lles é dado a coñecer tamén aos seus provedores. O trazo diferenciador do Código Ético de EROSKI con respecto a outros é que o propio documento se somete a unha auditoría anual.

Queres saber máis sobre o Código Ético de EROSKI?


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI