A historia do cambio climático
O cambio climático é un fenómeno con historia. Un fenómeno que se comezou a fraguar no século XIX.
Dende aquela, houbo momentos claves na súa evolución:
- 1865 O científico británico John Tyndall foi o primeiro en descubrir que algúns gases atmosféricos, como o vapor de auga e o CO2, retiñan a calor.
- 1896 Outro científico, Svante Arrhenius, predixo que o aumento no nivel de CO2 podería provocar un quecemento global.
- 1988 As Nacións Unidas crean o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático co obxectivo de estudar a ciencia do cambio climático.
- 1992 Reunión do cumio da terra en Río de Xaneiro. Os gobernos toman medidas para frear os efectos do cambio climático.
- 1997 Acórdase o Protocolo de Kioto, que fixa os primeiros obxectivos de redución de emisións entre 2008-2012.
- 1998 A década dos 90 considérase a máis cálida do século XX. Neste período, o ano máis cálido foi precisamente 1998.
- 2003 Unha onda de calor percorre Europa. Os científicos advirten de que un terzo do planeta se ve afectado polas secas, o dobre ca nos anos 70.
- 2005 Unha forte seca torna a Amazonía nunha fonte de emisións de efecto invernadoiro.
- 2007 Rexístrase unha perda de xeo estival no Ártico. A conferencia do clima en Bali fixa un calendario para definir o tratado que suceda ao Protocolo de Kioto.
- 2009 Celébrase sen grandes avances o Cumio de Copenhague que buscaba aglutinar un maior número de pases co obxectivo compartido de reducir as emisións de CO2.
- 2010 Novo Cumio do Clima en Cancún, co obxectivo prioritario de achegar posturas entre os pases desenvolvidos e en vías de desenvolvemento para acadar avances na redución de emisións de CO2.