Saltar o menú de navegación e ir ao contido
CECILIA FORONDA Responsable CERO CO2 de ECODES
“Na loita contra o cambio climático temos que sumar milleiros de xestos, grandes e pequenos, de empresas, países e cidadáns de a pé.”
Aínda que os impactos do cambio climático xa se están a sentir, estudos científicos demostran que aínda hai sitio para a esperanza se comezamos a actuar de xeito inmediato e colectivo. Na loita contra o cambio climático temos que sumar milleiros de xestos, grandes e pequenos, de empresas, países e cidadáns de a pé. Só así daremos freado e minimizado os seus efectos no medio natural, na saúde humana, na economía.
MARTA AREIZAGA Directora de Responsabilidad Social, EROSKI
“Desde EROSKI promovemos e seguiremos a lles dar pulo, co apoio dos consumidores, a iniciativas encamiñadas a reducir as emisións.”
Entre todos podemos inverter a tendencia e minimizar os efectos do cambio climático. Dende EROSKI promovemos e seguiremos a lles dar pulo, co apoio dos consumidores, a iniciativas encamiñadas a reducir as emisións. A boa aceptación dos consumidores das novas Bolsas Reutilizables, un novo modelo de “ecotenda” con fortes innovacións para a redución do consumo enerxético, a eficiencia na distribución de produtos e o continuo apoio a numerosos proxectos ambientais son, entre outros, algúns dos proxectos que contribuíron á redución efectiva das emisións de CO2 en EROSKI durante o último ano.
Recoñecementos ao noso labor a prol do MEDIO NATURAL