Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

9 / Vixía o teu peso

Coida a túa alimentación

moza nova O sobrepeso e a obesidade son, na maioría dos casos, a consecuencia dun desequilibrio entre o que comemos e a enerxía que gastamos.

Por iso, dous dos principais consellos para previlos consisten en coidar a alimentación e en practicar regularmente actividade física.

A dieta para un control de peso debería centrarse en moderar a cantidade de alimentos inxeridos sen alterar as proporcións de equilibrio da dieta e tendo en conta todos os grupos de alimentos.


Claves para axustar o teu peso

Revisar tanto a cantidade como o que comemos ao longo do día é un dos primeiros pasos para manter o noso peso.

Chamamos dieta ao conxunto de alimentos que tomamos de forma regular ao longo do día. Para que unha dieta de adelgazamento sexa efectiva debe axudar a conseguir unha diminución da masa graxa, manter a perda de peso que logramos e previr o aumento de peso corporal futuro.

Unha das mellores maneiras de reducir o peso é unha dieta que supoña unha restrición enerxética e manteña os criterios dunha alimentación mediterránea saudable. Se ademais, moderamos o contido de graxas e azucres, a dieta sería óptima para garantir os nutrientes que necesitamos.

Toda proposta de alimentación para tratar os excesos de peso debe acompañarse dun plan de actividade física paralelo, que ademais de favorecer a perda progresiva de peso ten múltiples beneficios para a saúde.

Moza pesánodse nunha báscula

sabías que...

  • As dietas milagre caracterízanse por prometer unha perda de peso rápida, non requirir esforzos e proclamar que carecen de risco para a saúde. Estas dietas non teñen base científica nin hipótese demostrada.
Luis Beato

Luis Beato
Presidente da Asociación Española de Estudos Alimentarios

Previr o sobrepeso é cambiar hábitos diarios

Previr o sobrepeso supón un cambio nos hábitos diarios. Iniciar dietas drásticas suprimindo algúns grupos de alimentos, ou saltando o horario de comidas, supón en moitos casos abrir a porta a maiores complicacións ou, no peor dos casos, pode desencadear un trastorno da conduta alimentaria (anorexia ou bulimia nerviosa). Sempre que necesitemos variar o noso patrón alimentario haberá que facer cambios que poidamos manter ao longo da nosa vida, incluíndo a actividade física como un aspecto esencial. Coidar o noso estado nutricional é unha manifestación máis dunha axeitada autoestima.

Bolsa de pasta

Niños de espinaca

A gama de pasta EROSKI inclúe os niños espinaca. Un xeito diferente de comer pasta que coida a túa alimentación.

Alimentación variada e sen excesos

Coñece as vantaxes da Dieta Mediterránea, baseada na variedade e na moderación das porcións.

En todas as etapas do ciclo vital é importante que a alimentación sexa saudable:

  • Suficiente en enerxía e nutrientes.
  • Equilibrada nas proporcións recomendadas pola pirámide nutricional.
  • Variada, que inclúa os grupos de alimentos básicos.
  • Adaptada ás características fisiolóxicas de cada persoa.

Demostrouse que a Dieta Mediterránea constitúe un modelo de alimentación saudable pola súa contribución a un bo estado de saúde e a unha mellor calidade de vida.

O segredo para unha dieta de control de peso reside en realizar unha alimentación variada, pero sen caer nos excesos. Por iso, recoméndase tomar alimentos de todos os grupos para unha axeitada achega de enerxía e nutrientes.

En www.consumer.es tes unha variada oferta de menús que poden axudarche a levar unha alimentación equilibrada.

Mozas novas riseiras

consellos

  • É interesante substituír algúns alimentos polas súas versións menos enerxéticas como os lácteos desnatados ou as carnes magras (polo, pavo, coello, etc...).
  • Omite o consumo de azucre, pódese facer progresivamente. Débese recorrer a substitutivos como os edulcorantes acalóricos (sacarina etc.).
  • Para beber, convén optar por bebidas como auga, zumes espremidos, caldos vexetais, bebidas sen azucre, infusións...

Sigue a pirámide da alimentación

Se queres conseguir unha alimentación equilibrada, variada e adaptada ás túas necesidades sigue os consellos da pirámide da alimentación.

Entre os alimentos que teñen que estar presentes nunha alimentación saudable, que axuda a combater a obesidade e aumento de peso, pódense citar:

  • Froitas e verduras. Son a principal fonte de vitaminas, minerais e fibra.
  • Legumes. Ademais de ser as proteínas máis económicas, son dieteticamente ricas en fibra, vitaminas e minerais.
  • Cereais e derivados integrais. Conteñen unha alta concentración de vitaminas, minerais, fitonutrientes e fibra.
  • Aceite de oliva. Tanto para cociñar, por ser un aceite resistente a altas temperaturas, como para aliñar, pola súa alta proporción de graxas insaturadas beneficiosas.
  • Peixe. É rico en ácidos graxos omega-3.
  • Froitos secos. Son ricos en graxas saudables, fibra e proteínas.
  • As racións recomendadas son:: Pan, cereais integrais, arroz, pasta, patacas (4-6 día); froitas (3 día); verduras e hortalizas (2 día); aceite de oliva (3-6 culleradas/ día); leite, iogur e queixo (2-4 día); froitos secos (3-7 semana); legumes (2-4 semana); ovos (3-4 semana); carnes magras (3-4 semana); peixes e mariscos (3-4 semana).
  • Ocasionalmente: Graxas (margarina e manteiga); doces, bolería, caramelos, pasteis; bebidas refrescantes, xeados; carnes graxas e embutidos”
Pirámide nutricional

> Interpretación de la pirámide nutricional

As vantaxes de practicar exercicio físico regular

Acompañada dunha dieta sa, a actividade física axúdanos a controlar o noso peso.

Xunto coa alimentación equilibrada, o exercicio físico é unha das principais recomendacións para adelgazar ou manternos no noso peso.

Abonda con incluílo como un hábito do noso estilo de vida: camiñar, montar en bici, nadar, bailar, subir ao monte as fins de semana ou correr 20 minutos son actividades que están ao alcance de todos e que evitan as consecuencias do sedentarismo.

Os expertos recomendan practicar exercicio físico de xeito regular (5 días á semana durante media hora). Sábese que o exercicio físico axuda a combater o estrés, a ansiedade, o insomnio, a depresión, etc.

Caixa de arroz integral

Arroz, tamén integral

Os cereais son un básico na túa alimentación. Coñece a gama de arroces EROSKI, adaptados ás túas necesidades, como o Arroz Integral EROSKI.

Pirámide nutricional Vixía o teu peso

Hábitos sinxelos que vixían o teu peso

Mostrámosche as claves para vixiar o teu peso de xeito doado e saudable.

  • Reduce os alimentos con alta densidade enerxética e pouca nutricional: doces, pasteis, bolería, xeados, bebidas refrescantes...
  • Reducir o consumo de alimentos fritos.
  • Dá prioridade ao peixe fronte á carne.
  • Opta polos alimentos ricos en fibra, conteñen máis nutrientes, melloran o tránsito intestinal e teñen efecto saciante.
  • É importante consumir verduras, hortalizas, froitas, legumes e introducir de xeito progresivo os cereais integrais (cereais de almorzo, pan, pasta, arroz).
  • Cociña e prepara os alimentos mediante técnicas culinarias que non requiran moita graxa: vapor, fervidos, prancha, forno, papillote, etc.
  • Incorpora especias e herbas aromáticas para realzar o sabor dos pratos preparados con pouca graxa.
  • Reparte os alimentos ao longo de 5 comidas ao día: almorzo, media mañá, comida, merenda e cea.
  • Non saltes ningunha das comidas principais. Evita chegar á seguinte con moita fame.
  • Come tranquilamente mastigando e saboreando ben os alimentos.
  • Deixa de comer cando non teñas apetito, aínda que non se rematara o prato.
  • Realiza a compra, se é posible, despois de comer, para evitar ter sensación de fame e adquirir produtos por capricho.
  • Utiliza o semáforo de EROSKI, a etiquetaxe nutricional máis completa dos produtos EROSKI para poder seleccionar alimentos con baixo contido en calorías, azucres, e graxas.
  • Practica exercicio físico de intensidade moderada de forma habitual.
  • Non realices dietas moi restritivas sen asesoramento profesional.
Mazás vermellas

Un menú que che coida

En www.consumer.estes máis de 1.000 receitas específicas para vixiar o teu peso.

Dieta de 1.500 calorías

  • Almorzo:

    Leite desnatado. Pan integral e xamón.

  • Media mañá:

    Froita e/ou infusión.

  • Comida:

    Arroz fervido con verduras. Polo á grella. Gornición de ensalada. Froita. Infusión sen azucre.

  • Merenda:

    Iogur desnatado e/ou infusión. Biscottes integrais.
    Plátano.

  • Cea:

    Sopa de verduras. Peixe ou ovo á prancha. Froita ou iogur.

O que necesitas para o seu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidade-prezo e supoñen un aforro de máis dun 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, aproveita as súas promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • Melón

    Con moita auga

    Ten moita vitamina A e C, pero sobre todo o melón contén auga ¡ata un 80% da súa composición!

  • Gulas

    Deliciosas

    Cociñadas cun pouquiño de aceite de oliva e allo, as gulas son un prato san e equilibrado. As gulas en EROSKI son ‘Guliciosas’.

  • Caja de cereais

    Vitais para o teu almorzo

    A primeira comida do día é a máis importante. Comeza o día cos cereais de EROSKI: con froitas vermellas, con mel, de millo...

  • ducia de ovos

    Ovos

    Rico en proteínas e de fácil dixestión, o ovo é un dos básicos da túa dieta. En EROSKI atopas tamén os XL, Campeiros, Aforro...

  • Berenjena

    En ensaladas e purés

    Moi recomendada en dietas de adelgazamento, a berenxena é unha boa base para as túas ensaladas e purés.

  • |
  • Barra de pan integral

    Mellor integral

    Se queres coidar a túa liña, inclúe o pan integral no teu menú diario. Entre os seus beneficios, a achega de fibra.

  • finas lascas de pavo

    Baixo en graxas

    Pavo EROSKI cortado en finas lascas e nun envase fácil de abrir e volver pechar para manter toda a súa frescura.

  • queixo fresco

    Fresco

    Como sobremesa, como entrante, como aperitivo... o queixo fresco axúdache a manter o teu peso, xa que ten un baixo contido en graxa.

  • Moi natural

    Moi natural

    E sen nada de materia graxa. Tamén dispós de diferentes sabores, con cereais ou froitas. Completa a achega de calcio diario que necesitas.

  • Kiwis

    Máis que fibra

    Ten un alto índice de fibra e de auga, polo que o kiwi é un dos teus mellores aliados para coidar a dieta. Goza da gama de froita dispoñible en EROSKI.

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.