Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

7 / Maiores

Como mellorar a túa calidade de vida

señora Hai tres grandes grupos de factores que inflúen na calidade de vida das persoas maiores: os xenéticos, os ambientais e outros relacionados co estilo de vida.

O mantemento dun axeitado estado nutricional a través da dieta pode chegar a ser determinante para a saúde.

Mediante unha alimentación e un nivel de actividade física axeitados pódense minorar os cambios relacionados co proceso de envellecemento.


Axusta a túa alimentación, adáptate aos cambios

A cantidade e repartición de nutrientes na segunda metade da vida é similar á do adulto san, aínda que hai que axustalos.

Unha alimentación que pretenda axudar á lonxevidade saudable debe axustarse aos cambios nas funcións dixestivas, na composición corporal. Estes poden deberse a cambios hormonais, fisiolóxicos e do estado xeral da saúde.

Os cambios fisiolóxicos atribuídos á idade e, especificamente, aos maiores son:

  • Redución da masa celular activa.
  • Redución do gasto enerxético en repouso.
  • Diminución da auga corporal.
  • Diminución do consumo de osíxeno.
  • Redución da función renal.
  • Perda evidente da masa ósea.
  • Afectación do sistema endócrino e inmune.

sabías que...

  • A Dieta Mediterránea é un estilo de alimentación que se adapta perfectamente ás túas necesidades vitais, ademais de proporcionarche o pracer de degustar saborosos pratos.

Enerxía para esta etapa vital

Unha alimentación axeitada axuda a alcanzar unha lonxevidade saudable. Coñece cales son os alimentos que necesitas.

Os expertos coinciden en apuntar que grupo de alimentos convén máis nesta etapa vital:

  • Aumentar o consumo de froitas, verduras e legumes para asegurar a achega de fibra.
  • Moderar o consumo de carne e peixe.
  • Evitar os excesos co azucre, graxa animal, proteínas e sal.
  • Corrixir hábitos inadecuados como picar demasiado, inxerir pouca fibra e falta dalgunhas vitaminas e minerais.

A medida que un se achega a idades avanzadas, aconséllase levar unhas pautas alimentarias máis regulares, cunha maior frecuencia de comidas e unha menor cantidade destas. O semáforo nutricional de EROSKI axudarache a controlar as calorías inxeridas ao día.

Aínda que é certo que as persoas maiores necesitan unha menor cantidade de enerxía que o resto da poboación, hai nutrientes que son fundamentais e por iso deben ser aumentados, por exemplo, o calcio, a vitamina D, vitaminas e minerais antioxidantes, e proteínas.

parella de avós brindando con zume
Bolsa de verduras conxeladas

Solución na cociña

A gama EROSKI Listo! ofréceche todos os beneficios da verdura. E se non dispós de moito tempo para cociñar, é rápida e fácil de elaborar. Unha solución para a túa alimentación.

Anna Bach

ANNA BACH
Coordinadora científica
Fundación Dieta Mediterránea

Pequenos cambios que producen grandes efectos na saúde

A recuperación do noso modelo alimentario, o mediterráneo, é un elemento clave da lonxevidade saudable. O seu fundamento radica en ofrecer variedade, estacionalidade, múltiples sabores, cores e moderación nas racións. A alimentación nos maiores debe ser máis equilibrada que nunca. Unha boa alimentación non pode garantirnos a saúde pero se é adecuada e variada, e vai acompañada de hábitos saudables, pode manter ou aumentar a calidade de vida, e contribuír a previr e tratar distintas enfermidades. Pequenos cambios no estilo de vida producen grandes efectos sobre a saúde.

Cambios funcionais que alteran a nutrición

As alteracións funcionais, sobre todo as que afectan ao aparato dixestivo, condicionan a nutrición nas persoas maiores.

Tanto os excesos como os déficits nutricionais non se resolven de igual modo que na etapa adulta. Por este motivo, a partir dos 65 anos convén seguir as seguintes pautas:

  • Satisfacer a demanda de todos os nutrientes.
  • Alcanzar e manter o peso axeitado.
  • Previr a carencia dalgúns nutrientes fundamentais como os minerais.
  • Corrixir eventuais deficiencias nutricionais presentes (sempre baixo vixilancia médica).
  • Evitar os excesos, en especial co azucre e as graxas.

consellos

  • Reduce as graxas saturadas da túa dieta. Utiliza técnicas culinarias sinxelas, que requiran pouca graxa: cru, ao vapor, fervido, á prancha, forno, refogados...
  • Bebe auga a intervalos regulares aínda que non teñas sede. A inxestión doutros líquidos nas comidas, a xeito de infusións tamén contribúen á túa hidratación.
  • Modera o consumo de azucre e non uses moito sal ao cociñar.
matrimonio maior riseiro

Actividade física acorde ás túas posibilidades

A práctica de exercicio físico ten múltiples vantaxes, desde un paseo ata un plan de actividade supervisado por especialistas. ¡Móvete!

O exercicio físico é fundamental en todas as etapas da vida. Se fas deporte de forma regular, axudarache a te manteres activo.

A actividade física ten innumerables vantaxes:

  • Axúdache a previr o sobrepeso.
  • Mellora a túa capacidade respiratoria.
  • Pode axudarche a previr a osteoporose, máis aínda se ademais consomes alimentos ricos en calcio, como poden ser os lácteos e os seus derivados (mellor se son desnatados).
  • E lembra: a actividade física debe formularse dentro as posibilidades de cada un.
Melocotones

Froita con óso

Fresca e de tempada. Todos os beneficios da froita con óso: melocotón, nectarina, albaricoque, paraguaio... benefíciate de todo o seu sabor. Atópalos na túa tenda EROSKI.

Matrimonio maior

Racións recomendadas

Considérase unha alimentación saudable aquela que resulta suficiente, equilibrada e variada.

Diariamente:

  • Auga: importante tomar de 6 a 8 vasos diarios.
  • (De 4 a 6 racións) Pan, arroz, pasta e patacas: estas últimas pódelas degustar nas súas distintas variedades: guisadas, cocidas ou en puré.
  • (De 2 a 3 racións) Verduras e hortalizas: polo menos unha delas debe ser en cru, en ensalada. Podes tomalas tamén en puré ou gaspacho.
  • (3 racions) Froitas: polo menos unha delas debe ser un cítrico; e poden degustarse enteiras, cocidas, asadas, en macedonia, etc. Deben estar maduras e ben lavadas.
  • Aceite de oliva: de 3 a 5 culleradas ao cociñar aliñar, moderando o seu uso en frituras.
  • (3 racions) Lácteos: recoméndanse 3 racións diarias, mellor que sexan desnatadas.
  • Froitos secos: unha presada ao día de froitos secos naturais (non tostados, nin salgados).

Semanalmente:

  • (De 2 a 4 racións) Legumes: lentellas, garavanzos, feixóns... e se che falta tempo, podes optar polas xa cocidas.
  • (De 3 a 4 racións) Peixes e mariscos: alternar o consumo de peixe azul, branco e marisco.
  • (De 3 a 4 racións) Carnes magras: antes de cociñalas hai que retirar toda a graxa visible e, se é polo ou pavo, quitarlles a pel.
  • (De 3 a 4 racións) Ovos: máximo 4 xemas por semana.

Ocasional e moderadamente:

  • Os embutidos, carnes graxas, manteiga, doces, bebida, bolos e bebidas azucradas.
Pirámide nutricional do perfil de Alimentación en Maiores

> Interpretación de pirámide nutricional

Un menú que cobre as túas necesidades

En www.consumer.es teñen un menú para os 365 días do ano e máis de 3.000 receitas co seu comentario dietético.

Na nosa proposta de menú tipo, damos resposta ás necesidades nutricionais e enerxéticas para a túa actividade diaria.

En www.consumer.es atoparás máis receitas catalogadas pola súa dificultade, prezo ou estado de saúde.

  • Almorzo:

    Leite desnatado. Pan, cereais ou bolería non graxa. Marmelada ou queixo fresco.

  • Almuerzo:

    Fruta. Infusión.

  • Media Mañá:

    Froita e unha infusión.

  • Comida:

    Pasta, arroz ou legume con verduras. Carne magra ou peixe. Gornición vexetal (ensalada ou verdura cocida). Froita.

  • Merenda:

    Iogur. Galletas tipo María, torradas ou biscoito caseiro.

  • Cea:

    Sopa, pasta ou verduras con pataca. Peixe, queixo ou ovo. Froita.

  • Antes de deitarse:

    Leite desnatado ou infusión.

estantería con bolsas de lentejas

O que necesitas para o teu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidadeprezo e supoñen un 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, teñen cabida en promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • Caixa de leite

    Con calcio

    No almorzo, a media mañá ou na cea. O leite é fixo na túa alimentación. E achégache o calcio que necesitas. Enriquecidos con vitaminas, con calcio con Omega 3... atópalos en EROSKI.

  • Bote de especias

    Con moito aroma

    Achegan sabor ás túas receitas. A gama de herbas aromáticas de EROSKI é variada: dende tomiño, loureiro ou cravo ata ourego.

  • Bote de espárragos

    Vexetal e en conserva

    Calidade e receita tradicional nun. A gama de vexetais en conserva de EROSKI é unha solución rápida e saudable na cociña. Axúdanche a coidar a túa alimentación.

  • Acelgas

    100% vexetal

    A leituga é un dos vexetais máis consumidos. É a base de moitas das túas ensaladas e gornicións e entre os seus beneficios atópase a achega de fibra e vitaminas.

  • Ovos

    Con Omega 3

    Á achega de proteínas do ovo súmanse os ácidos graxos ‘bos’ Omega 3. Para que goces a gusto dun dos básicos da túa despensa.

  • |
  • Caixa de cerales crujientes

    Moi crocante

    As bólas crocantes de muesli de EROSKI Seleqtia axudaranche a completar o almorzo e mesmo a cea. Inclúen améndoas e amorodos.

  • yogurt

    Lácteo e saúde

    A gama de iogures Biactive de EROSKI regúlanche o teu tránsito intestinal, o que mellora a túa calidade de vida.

  • Mazás vermellas

    Froita sinxela

    Con pel e ben lavada, a mazá é unha das froitas con máis vitaminas. Ademais, é fácil de comer, transportar... e resulta moi económica.

  • Bacalao

    Fresco e completo

    O peixe azul debe ser un fixo na túa alimentación semanal. Entre as súas vantaxes, a de ser un dos alimentos frescos máis completos.

  • Lonchas de queixo

    Menos graxa

    Completa a túa ración de calcio coas lascas de queixo light EROSKI, teñen un 50% menos de materia graxa.

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.